Quen son

Chámome Daniel Gonzalez Martin (<stalquer@gmail.com>) Non son galego, non vivo nin nacín en Galiza. Si teño admiración por autores desa terra e dende hai un tempo a oportunidade de viaxar para pasar as miñas vacacións en Vigo. Fixen un par de cursos de lingua galega na Universidade de Barcelona, pero agora o meu horario de traballo non me permite continuar estudando esta lingua. Sen pensar se facer un blog en galego seria boa idea ou non para practicar, decidín crear “A lei de Lem”.
O tema do blog son a lectura e outros aspectos ligados a esta actividade. Corríxeme se ves que escribo mal ou fago algún erro. Voucho agradecer de verdade.

Benvido/a ao meu blog.

Un saúdo

4 Responses to Quen son

  1. Acabo de descubri-lo teu blogue e, certamente, sorprendeume ler o apartado de Quen son, xa que semellaba eras galego. Unha moi boa escrita e parabéns pola iniciativa. Saúdos dun galego emigrado na Andalucía.

    Por certo, por se algún día coidas pode ser interesante darte unha volta polo meu blogue, déixote acó o enlace:

    Gústame

  2. leilem di:

    Graciñas Xosé Lois polo comentario e a visita. Digo axiña que non son galego co desexo de non “enganar” a ninguén e mais coa a esperanza de que os lectores entendan que ninguén é perfecto (é broma).

    En todo caso, teño que recoñecer que a miña escrita é mellorada polos consellos da miña moza: unha galega emigrada en Cataluña.

    Saúdos Xosé Lois, e ata pronto.

    Daniel

    Gústame

  3. Vicente di:

    ¡Oxalá que moitos galegos, tamén dos emigrados a Barcelona, mostrasen só un anaquiño do interese e respecto que ti mostras pola lingua galega…
    Noraboa e grazas ¡que menos! pola axuda á nosa lingua, signo de identidade de cantos nos sentimos galegos e apreciamos o noso sen despreciar o alleo.

    Gústame

  4. leilem di:

    Ola Vicente, graciñas pola visita.

    É unha mágoa que a lingua galega, que eu vexo verdadeiramente bela e pola súa facilidade penso sería de doado achegamento a tódolos casteláns, non teña o recoñecemento que merece. Eu sinto un chisquiño de decepción cando en Samil cústame menos escoitar catalán que galego pola rúa de Vigo. Mais penso tamén que, ante a adversidade, forza e resistencia Vicente!

    Eu non penso desfalecer, e moito menos con estes comentarios que me animan un montón. Eu escribo e falo galego como podo. Fágoo con timidez porque non sei moito, e non o teño doado para mellorar o pouco que sei. Mais penso continuar, por suposto.
    🙂
    Toda visita dende Galicia a este blog é una gran ledicia.

    Un saúdo cordial Vicente. Abur

    Daniel

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s