SOS. Literatura no ensino / Colectivo Pere Quart

Tradución e adaptación por Daniel González do texto do Colectivo Pere Quart

“A cultura faranos libres!”
(Unha pintada nun muro de Sabadell)

Dende a nosa responsabilidade profesional e cidadán, parécenos del todo imprescindíbel e urxente que a poboación, as institucións e toda a sociedade civil sexa consciente que un dos ámbitos que axudaron a apuntalar e soster con máis forza o noso país é a cultura escrita, a literatura, toda a bagaxe artística, ideolóxica e humanística que é patrimonio de tódolos galegos.(1)

A literatura estivo afastada, nos derradeiros anos, menosprezada e abafada. Sen dúbida, tanto o peso das leis do mercado sobre unha sociedade que historicamente desenvolveu uns hábitos de lectura precarios, coma a perda de valor simbólico da literatura e a cultura en xeral, axudaron a provocar esta situación.

No campo do ensino, observamos alarmados unha tendencia a residualización da literatura. Agora mesmo, quérense reducir as horas de lingua e literatura do bacharelato, precisamente cando se trata de consolidar a formación do alumnado para acceder aos estudos superiores. E, ademais, desvirtúase e embróllase a posibilidade de centrar un curso deste nivel nos contidos literarios, tal como contempla o currículo, co obxectivo inconfesábel de primar o traballo lingüístico para superar a proba de selectividade.

Ante a acción depredadora dos gobernos españois, a súa ignorancia e soberbiosa, esperábamos dos nosos gobernantes unha actitude máis comprometida coa defensa do coñecemento da nosa literatura. E, á vez, non queremos deixar de alertar o descrédito e banalización en que pode caer o saber literario se adoitamos discursos pedagóxicos que predican que o profesorado non tería que transmitir coñecementos. As veces, incluso, as decisións salvaxes impostas por Madrid serviron de escusa para arrecunchar máis e máis uns coñecementos que, xaora, poden facer que os cidadáns pensen, razoen, adquiran sentido crítico e aspiren a deixar de ser simples súbditos.

Porque é de cínicos chorar, doerse e encherse a boca dicindo que é en defensa da lingua propia, mentres se reduce á case ren a súa literatura, que é a forma de cultura viva que fai posíbel a vitalidade dunha lingua.

Un país verdadeiramente novo e libre non pode admitir estas actitudes cínicas que se escudan detrás dun suposto utilitarismo que é a disfrace actual da barbarie do neoliberalismo.

É por isto que, proclamando o desexo de construír una Galiza mellor, queremos reclamar:

1.       Un país que recupere a dignidade revalorizando a nosa literatura: facendo que o ensino e o coñecemento das obras literarias estean á dispor de toda a poboación escolar de xeito preeminente e non coma auxiliar do aprendizaxe da lingua.

2.       Un país que valore e faga respectar o seu patrimonio literario, porque en este latexa a identidade ancestral, actual e diversa do noso pobo. Porque é absurdo e estúpido demandar que respecten e valoren dende fora o que nos non valoramos nin respectamos.

3.       Un país que saiba que a literatura axúdanos a lembrar quen somos e a dialogar coo pasado e máis o futuro.

4.       Aspiramos a un país que saiba que, ademais de pintores, músicos e arquitectos universais, temos autores de primeira orde na nosa lingua dende moitos séculos atrás. Un país onde a xente saiba quen son Pedrayo, de Castro, Pondal, Castelao, Blanco Amor, Fole, Cunqueiro, Méndez Ferrín, Fernández Paz, Rivas, Castaño, Caneiro, Villar e tantos outros, do mesmo xeito que se coñecen os nomes de César Portela, Milladoiro e Lodeiro.(2)

5.       Aspiramos a un país de xente que aprenda a escrita, pensar e ser dun xeito máis pleno e enriquecedor da man da testemuña sabia, sensíbel e fermosa das obras literarias de aqueles que nos precederon.

Por isto, porque queremos poder compartir o novo país que entre todos temos que facer posíbel:

Emprazamos ao profesorado de diversos niveis do ensino a exercer con coraxe a súa función cultural, a tomar consciencia da súa responsabilidade na construción dunha sociedade que necesita os coñecementos sólidos e o sentido crítico que as autoridades do ramo non fomenten.

Esiximos que a literatura recupere o seu lugar nos estudos obrigatorios e no bacharelato, así como no universidade. Moi especialmente, esiximos que recobre a dedicación lectiva necesaria no bacharelato, tal como prometeron facer diversos conselleiros ao longo dos anos, e que tomen medidas efectivas para que a presenza da literatura nos planos de estudos deixe de ser un recuncho testemuñal.

Responsabilizamos ás autoridades e máis aos dirixentes das estruturas culturais e educativas do perigo de destrución do país, que comeza pola banalización e acantoamento da súa cultura literaria (neste caso estreitamente vencellada á lingua), que coa súa inacción serian cómplices do esquezo e dunha decadencia cultural irreparábel.

E alentamos a tódolos estamentos socias, grupos, asociacións e cidadáns que reclamen aos responsables políticos e ás institucións un compromiso activo de revalorización da literatura. Porque somos conscientes que os coñecementos humanísticos que proporciona son uno dos fundamentos sen os cales non seria posíbel un país que queremos máis culto, máis libre i e máis humano.

Colectivo Pere Quart

(1) Catalans, na versión orixinal

(2) Autores e autoras catalás na versión orixinal. Lista adaptada aos seus equivalentes galegos a criterio do tradutor

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Sen clasificar coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s