Ás / por Luís Alonso

Tradución de Daniel González do texto “Alas: adquisición del vuelo en el mundo animal”, reseña de Luís Alonso do título “On the wing: ptersaurs, birds, bats and the evolution of animal flight” de David E. Alexander.

As ás teñen interese ecolóxico. O éxito da chincha parda (Nilaparvata lugens), praga das arroceiras, depende da súa capacidade para desenvolverse en dúas formas diferentes en resposta a craves ambientais. A chince de ás longas fuxe de entornas hostís na procura de alimentación, a de ás curtas, perdida a súa capacidade de voar, refúxiase nunha elevada taxa de reprodución. Que desenvolvan un tipo ou outro de ás depende de dous receptores de insulina.

As ás, e en particular o seu mimetismo, presentáronse tamén coma a proba máis fermosa da teoría da selección natural. Deste xeito o dixo o descubridor do fenómeno, Walter Bates, e coma tal foi recibida polo propio Charles Darwin e os seus primeiros seguidores.

Dos aeroplanos ás aves, o voo espertou a admiración do ser humano, interese que experimentou un especial renacemento no curso dos últimos dez anos. Alexander abondou na súa evolución en cada un dos catro grupos animais –os catro grandes- que adquiriron devandita capacidade: insectos, pterosauros, aves e morcegos. Trátase da primeira obra que amosa unha visión de conxunto, cun estilo plano e riguroso, resalta o nexo entre un tisanóptero diminuto e un poderoso albatros, afonda no rexistro fósil e criba a teoría da orixe das ás. A propósito destas, pregúntase se as aves voaron dende a copa dunha árbore ao chan ou se brincaron en rápida carreira. Aborda as anomalías do mundo dos seres voadores, dende o aleteo frenético do colibrí até o planeo dos esquíos. Para a exposición científica apoiase en modelos biomecánicos recentes conxugados con enfoques anatómicos, ecolóxicos e filoxenéticos tradicionais. Coñecer de qué xeito afecta o tamaño á fisioloxía e aerodinámica dos voadores modernos permítenos comprender o voo de animais antigos.

A capacidade de voo acadouse, de xeito independente, en catro ocasións, as correspondentes a cada un dos catro grandes grupos. Con esta fin, a selección natural tivo que actuar sobre algunha estrutura que tiña polo menos propiedades lixeiramente alíxera, quizais unha superficie máis extensa que se prolongara a ambas bandas do corpo. As aves empregaron brazos e plumas modificadas; os morcegos, os osos de mans e dedos; as ás dos pterosauros estaban asentadas sobre dedos enormes con membranas ríxidas; as ás dos insectos, pola contra, non son extremidades modificadas.

Abundan os insectos fósiles. Hai 300 milleiros de anos había insectos bastante maiores que os actuais; atopáronse efémeras fósiles que despregaban unha envergadura de á de 45 centímetros. O maior insecto coñecido era un odonáptero cunha envergadura alíxera de 66-70 centímetros. Non obstante, os insectos alados fósiles irrompen con tal rudeza que non axudan a comprender a orixe do voo. Os neópteros conseguiron unha bisagra alíxera que lles aturou dobrar as ás. Certos grupos perderon máis tarde a capacidade de voar e algúns reduciron os dous pares orixinais de ás a un. A dúas redúcense as teorías prevalentes sobre a súa orixe anatómica: derivan das branquias larvais ou proceden de lóbulos paranotais, placas planas que se extenden dende a parte anterior do tórax. Os precursores directos dos insectos voadores serían organismos semellantes a xibiellas, dun centímetro de lonxitude ou maiores. Alimentaríanse da parte superior dos tallos das plantas e brincarían ao chan para fuxir dos depredadores ou acelerar a súa fuxida. Posuirían probabelmente unha boa vista e capacidade para se orientar durante o chimpo ou a caída [Víase “El vuelo de los insectos”, por Michael Dickinson; Investigación y Ciencia, agosto de 2001, e «Los insectos: un éxito de la evolución», por André Nel; Investigación y Ciencia, febreiro de 2003].

Polo que fai á orixe do voo das aves, o debate polarízase entre quen sostén a teoría arbórea, o planeo dende a copa, e os partidarios da teoría corredora, de ascensión trala carreira. Non semella un paso doado, de acordo cos principios da biomecánica, remontar o voo batendo as ás para superar unha pendente. Una evolución a partir do planeo dos dinosauros manirraptores sería unha hipótese menos complexa. O arquetipo fósil da protoave voadora sería Archaeopteryx. En cumprirse o sesquicentenario do descubrimento na Baviera de ese fósil con plumas, o equipo dirixido por Xing Shu desenterrou o terópodo Xiaotingia zhengi, que obrigou a se reformular a orixe das aves, que serían dinosauros con adaptacións fisiolóxicas para o voo. Se os primeiros pterosauros camiñaron a catro patas e non foron corredores con bípedes, non sería verosímil unha orixe do voo dende o chan. O precursor arbóreo entraña conexións coa percepción, modificacións do sistema nervioso e diversidade estrutural [víase «El origen de las aves y su vuelo», por Kevin Padian e Luis M. Chiappe; Investigación y Ciencia, abril de 1998, e «El origen de las aves modernas», por Gareth Dyke; Investigación y Ciencia; septembro de 2010].

Menos dúbida cabe de que os morcegos evolucionaron a partir de antepasados arbóreos planadores. A xenética resolveu a polémica en torno a unha posíbel adquisición do voo polos morcegos diferente da suxerida polos megamorcegos: houbo unha sola orixe. Presúmese que o voo e a ecolocalización, unidos pola nocturnidade e por un vencello físico literal entre aleteo e a produción da chamada (que precisa unha notábel forza muscular), evolucionarían á par [véase «Origen y evolución de los murciélagos», por Nancy B. Simmons; Investigación y Ciencia, marzo de 2009]. Algunhas aves e insectos perderon a súa capacidade de voo, mais non ocorrera deste xeito cos morcegos ou os pterosauros. Nestes dous últimos grupos, debido ao emprego das súas extremidades no voo. As aves perderon a súa capacidade de voo nas illas; os insectos, en se converter en ectoparasitos ou en contornas insólitas.

Outros animais levaron o planeo moi lonxe. Pensemos nos esquíos e os peixes voadores. Outros excelentes planadores son as ras voadoras, de dedas longas e unidas por unha membrana interdixital que lles permite pairar entre pólas. Existen tamén lagartos dragón con pregues móbiles que se estenden a xeito de ás para planar dunha árbore a outra. Se cadra os animais máis abraiantes de todos sexan as serpentes planadoras, que brincan dende a póla onde estean, aplanan o seu corpo e voan pairando, en forma de ese, de árbore en árbore ou cara o chan, cun ángulo de 30 graos.

Todo indica que, coa excepción do pterosauro, a capacidade de voar puidera resultar crave para o predominio de insectos, aves e morcegos no reino animal. Hai máis especies de insectos que o resto de animais considerados en conxunto, e un 98 por cento de elles teñen ás. Dos catro grupos, os tres que seguen a medrar constitúen exemplos de particular éxito. Aí radica o interese dos estudo do voo.

ALEXANDER, David E. On the wing: ptersaurs, birds, bats and the evolution of animal fligh. Oxford: Oxford University Press, 2015. 224 p. 24×16 cm. ISBN 9780199996773

ALONSO, Luís. Alas: adquisición del vuelo en el mundo animal. En: Investigación y ciencia. Agosto de 2016, p. 92-93.

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Sen clasificar coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Unha resposta a Ás / por Luís Alonso

  1. leilem di:

    Esta tradución non vai máis aló de ser unha lectura. Sírveme para me divertir na procura de algunha palabra no Dicionario web da Real Academia, ou o nome de algún animal na wikipedia. Sírveme tamén para aprender unha chisca de vocabulario.

    Luís Alonso escribe na revista Investigación y ciencia. A miúdo fala de libros interesantes. Estas páxinas están son, en xeral, de libre aceso.

    Saúdos,

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s