Contra o Nobel a Bob Dylan / por Sebastià Bennasar

Gústame moito Bob Dylan coma músico. Creo que algunhas das súas cancións forman parte da miña banda sonora, coma por exemplo Hurricane Carter. En pouco máis de seis minutos explica -dende o seu punto de vista- todo o tema deste boxeador acusado de asasinato nun dos cumios da historia musical. Malia todo, eu son abondo máis de Bruce Springsteen. Indubidabelmente un e outro saben escribir e saben facer boa música e máis é posíbel que remate por me comprar nalgún intre as memorias do Boss e gozar da súa lectura.

Máis estou radicalmente en contra da concesión do premio Nobel a Bob Dylan. Por múltiples motivos. Hai centenares se non milleiros de poetas mellores que el. Sen ir lonxe, no noso lar mesmo. Iso sí, se cadra cantando os nosos poetas e poetisas non son moi bos. Se xa non me pareceu nada ben que lle deran o premio de honor das letras cataláns a Raimon -outro cantante interesante- non vexo porqué agora temos que estar ledos que Dylan levara o galardón literario máis importante do ano. Postos a facer, que llo dean a Sabina, que antes de ceder cancións de campaña a cidadáns tiña feito algún que outro himno notábel.

O dano que lle fixo o comité Nobel á literatura é terríbel. Porque a imaxe que se proxecta é que nin sequera as persoas que en teoría máis leen do mundo, leen. Agora dedícanse a escoitar cancións e máis a valoralas. E onde està o mérito da lectura, o privilexio de achegamento ao mundo e a moitos lectores aquel autor ou autora que durante un ano se colocará nos andeis de todo o mundo e que conseguirá moitos máis lectores dos que tiña? Onde está o prestixio, a valorización da literatura e por extensión da lectura?

Paréceme que a decisión de dar o premio Nobel a Dylan -malia a corrección política especialmente nestes tempos en que Trump e o pantasma da extrema dereita percorren o mundo- estivo moi desacertada. Non fai ningún ben á literatura en xeral nin aos valores que representa porque o se proxecta de cara a fóra é que en lugar dun traballo constante cara a palabra, primouse o espectáculo, a fama, o xeito doado de comunicar. A literatura vai moito máis aló dos tres minutos de gloria dunha canción. Por moito que sexa de Bob Dylan.

Sebastià Bennasar

Tradución de Daniel González do artigo de Sebastià Bennasar aparecido o 13 de outubro de 2016 na Revista de cultura Bearn

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s