‘El seminarista’, de Rubem Fonseca

Intenso é, sen dúbida, o xeito máis acertado e breve de definir este libro. Un asasino que provoca empatía. Mata criminais por encargo sen immutarse o máis mínimo. O seu modus operandi: non querer saber nada do individuo a quen ten que liquidar, nin sequera ao día seguinte saber que di o diario.

Moi curiosa a formación deste asasino. Estudou para seminarista mais non se ordenou. Ademais da formación no latín e nos textos clásicos, o seminarista ten inquedanzas culturais notables, e ao longo da lectura ofrécenos unha chea de referencias a autores brasileiros e portugueses, autores clásicos, e gustos musicais do máis diverso, que abrangan desde o Rock ata a ópera.

O seminarista quere mudar de traballo, quere deixar este rolo. Pero vai ter moitas dificultades para conseguilo. A contorna na que se move non cre que sexa capaz de matar sen ter información información que poida inculpar aos seus clientes.

Unha auténtica ledícia ter lido este libro. É a primeira vez que, rematada a súa lectura nunha biblioteca, que tiven ganas de mercalo nunha librería. Excelente Fonseca.

– Frankenstein?
– Si, como o monstro.
– Frankenstein non é o monstro. É o nome do médico que creou ao monstro –dixen.
– […]
– En fin, ese é o teu novo cliente.
– E onde o podo atopar?
– Non o sei. Iso vas ter que descubrilo o teu. Non sabemos nin o seu nome. Só que é asasino e necrófilo.
– […]
– Porra! O verdadeiro Frankenstein non era necrófilo.
– […](p. 15)

Era tarde e funme a casa. Collín da estantería o Frankenstein e pasei o resto da noite relendo o libro. O monstro non era mal tipo: gustábanlle os nenos. O doutor Frankenstein, que é quen o creou, é quen debería acabar na carcel. O libro acaba cando o monstro desaparece na neve. (p. 19)

FONSECA, Rubem. El Seminarista. (O seminarista. 2009). Traducción de Basilio Losada. Barcelona: RBA, 2011. 142 p.; 22 cm. (Serie negra: 119). ISBN 9788498679960.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Autores e autoras, Fonseca-Rubem, Seminarista coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s