Fonseca, ateo?

“Cheguei ao café antes que ela. Senteime na barra e, para que ninguén sentara alí, puxen no tallo da miña beira o libro que levaba, The God Delusion.

Kirsten non tardou en chegar. Cando a vin, agarrei o libro. Ela non se interesou por saber que libro era. En canto a min, non podo ver un libro sen intentar ler o título e o nome do autor. Pero estivo ben que Kirsten non se interesase polo libro. Tería que discutir con ela como un ex-seminarista lía aquel tipo de libro.” (p. 38)

Un par de cousas curiosas a este anecdotario de lecturas, este blog, nunhas poucas liñas deste estupendo libro de Fonseca. Xa teño O cobrador, recomendación de Ferran, na cola de lecturas á espreita. Non poder evitar ler o título e autor dun libro!. Pásame, e moito. No metro as veces notas que a xente se incomoda. Normal. Mais agora, con tanto chintófano electrónico, non teño este problema. Aínda que tampouco a posibilidade de coñecer que len os meus compañeiros de viaxe. Teño amigos que forran o libro porque non queren deixar ver que están a ler. A min non me importa.

A segunda cousa: a referencia a este título de Richard Dawkins, O espellismo de deus, nunha novela. Porqué non di Fonseca o título na súa tradución (A Desilusão de Deus) nin o nome do autor? Teña a importancia que teña realmente, non deixa de ser un elemento máis que constrúe un moi potente personaxe. Un exseminarista que se cuestiona moitas cousas á vez que se mantén afastado de outras. ‘Un’ Fonseca excelente.

Pensando en ateos busco na Wikipedia algunha efeméride relacionada e atopo a seguinte relación: O día do ateísmo co día da razón, e este a súa vez co dia de Darwin (unha chisca ateo, certamente). O dia de Darwin é hoxe.

FONSECA, Rubem. El Seminarista. (O seminarista. 2009). Traducción de Basilio Losada. Barcelona: RBA, 2011. 142 p.; 22 cm. (Serie negra: 119). ISBN 9788498679960.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Seminarista coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

2 Responses to Fonseca, ateo?

  1. Daniella di:

    JB,Muito boa dica! Lembro de ter lido Agosto depois que fizreem uma minise9rie aqui no Brasil. Excelente livro.Vou reproduzir no KBBR.Abrae7o,

    Gústame

    • leilem di:

      Ola Daniella,Que

      Agosto é un título pendente, quero ler moito máis de Fonseca e Agosto vai seguramente o vindeiro. Una miniserie da novela de Fonseca? Oxalá que chegue aquí algun dia.

      Moito obrigado pola visita.

      Saúdos.

      Daniel

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s