Un eloxio a unha biblotecaria

‘Á bibliotecaria que me deu Matar a un ruiseñor

Serán moitos. Mais no intre de ler esta citación de Michael Connelly na súa novela ‘O observatorio’, eu só lembraba a Ray Brabury como declarado usuario e defensor das bibliotecas desde o punto de vista de usuario. A cita, aínda que curta, faime pensar en moitas cousas.

Recordará alguén algún libro que eu lle entregara ou suxerira?
Recordarao só no caso de que non gustou?
Chegará a ser escritora esta persoa que gozou da lectura dun libro?
Seguen sendo os autores e as autoras, como o era Bradbury, usuarios das bibliotecas?
Hai autores potenciais entre os que visitan as bibliotecas hoxe?

Eu non recordo que ningún bibliotecario me fixese fixéseme ningunha proposta de lectura boa. Mais recoñezo que non lles preguntei. Agora que o penso, doume de conta que a cita pode non estar dirixida necesariamente á bibliotecaria. Se cadra o que lle gustou especialmente a Connelly foi a novela de Lee Harper. Neste caso, sigo facéndome as devanditas preguntas.

CONNELLY, Michael. El Observatorio. Traducción de Javier Guerrero. Barcelona: Diario Público, cop. 2011. 224 p.; 18 cm. DL B24412-2011.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Connelly-Michael coas etiquetas . Ligazón permanente.

4 Responses to Un eloxio a unha biblotecaria

  1. peke di:

    Eu non recordo que ningún bibliotecario ME fixese…
    É unha subordinada, polo tanto o pronome debe ir antes do verbo. 🙂

    Gústame

  2. leilem di:

    Outra vez agradecido, Peke.

    Saúdos
    🙂

    Dani

    Gústame

  3. peke di:

    Eu teño unha bitácora (http://gradicela.blogspot.com) na que escribo sempre en galego. Se che apetece, pasa por alí. 😉

    Gústame

  4. Leilem di:

    Hai tempo que coñezo a túa bitácora, Peke! Coñecina grazas a ‘lecturas errantes’…
    🙂

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s