Seminario Novela negra en Galicia

Luns, 29 de outubro de 2012 de 16:30 a 19:30h

O seminario ‘Novel·la criminal i gènere a Galícia’, coordinado por María Xesús Lama (Universitat de Barcelona) e Elena Losada (Centre Dona i Literatura), ten como obxectivo abrir unha reflexión sobre a novela criminal en Galicia desde unha perspectiva de xénero. A primeira sesión, sobre violencia e literatura, conta coas intervencións de María Xosé Agra (Universidade de Santiago de Compostela e Consello da Cultura Galega) e Shelley Godsland (University of Brimingham). Na segunda sesión, sobre novela criminal en Galicia, van falar a escritora Laura Caveiro e María Xesús Lama. Este seminario enmárcase no convenio de colaboración asinado este ano entre o Centre Dona i Literatura e mais a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega.

Luns, 29 de outubro de 2012 de 16:30 a 19:30
Aula Gabriel Oliver, Edificio Josep Carner, planta -1
Facultat de Filologia, Universitat de Barcelona
c/ Aribau 2 – 08007 Barcelona

Máis información: http://www.ub.edu/filgalport/

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en General. Ligazón permanente.

2 Responses to Seminario Novela negra en Galicia

  1. peke di:

    Espero que -se vas- o pases ben. Tamén espero que nos fagas unha crónica.

    Gústame

  2. Dani di:

    Non podo Peke! Eu traballo sempre de tarde. Xa me gustaría facer unha crónica, xa….
    😦

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s