‘Si o vello Sinbad volvese ás illas’, de Álvaro Cunqueiro

Álvaro Cunqueiro ofrécenos neste título a súa última versión dun personaxe clásico. Un Sinbad que desde o seu retiro explica, xunto a Sari e Monsaíde, unha chisca das súas vivencias. Este Sinbad fálanos de mozas, de navíos, de viaxes, de amigos, de lugares afastados, de cabras e burricanas,…. Ben podería ser unha unha historia escoitada nalgunha tasca do Berbés (no Quiosco dás almas perdidas, por exemplo). Eu, en parte, imaxineino deste xeito.

Un libro moi saúdo i tristeiro. Se cadra só poida haber nostalxia e algo de saudade do que é a lembranza. Se cadra sexa a lectura que lle hei fixen eu, sabendo que Cunqueiro non escribía, semella, co mesmo ánimo que en obras anteriores. O libro é moi lindo tamén. A historia do vixía cego que lle pide a Sinbad poder viaxar con el gustoume moito. Un motivo máis para aprender galego e achegarse aos autores na súa lingua propia.

Os encontros con autores de banda deseñada en salóns, presentacións, etc., son unha moi boa oportunidade para falar brevemente con eles. Volver cun álbum dedicado e cun debuxo que vimos facer ante nós esta ben. Mais eu anímovos a non ter vergonza de preguntar o que desexades. Diría que o/a autor/a prefíreo. Eu, grazas á amabilidade dun destes autores, sei que é Cunqueiro o autor que preferiría debuxar de ser invitado para participar non Dia dás Letras Galegas.

Eu cheguei tarde a Cunqueiro e estou mais que contento por esta tardanza. A de aventuras que estou a descubrir!

CUNQUEIRO, Álvaro. Si o vello Sinbad volvese ás illas. Vigo: Galaxia, 2011.148 p.; 21 cm. (Biblioteca Álvaro Cunqueiro: 4) ISBN 9788482887807.
Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cunqueiro-Álvaro, Si o vello Sinbad volvese ás illas. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s