Café literario (0): unha colección de sobres de azucre

Que lector non se sentou algunha vez nunha cafetería para avanzar nunha lectura coa compaña dun café? A resposta é, obviamente, que moitos. Seica está rifada a compaña dunha lectura cunha cervexa, un viño, unha copa…. Pois os estereotipos parecen dicir que así é, non si? Refírome a que a cervexa parece asociarse co visionado dun espectáculo e non como acompañante dunha lectura. Mais estou seguro que o comentado antes demostraríase falso. Eu son dos cafeteiros

Café literario é unha colección de sobre sobres de azucre de café. Empezou de forma accidental, conservando un sobre de azucre que me fixo moita graza ter entre as miñas mans. Trátase do sobre de ‘O refuxio do pescador’, un dos escenarios de ‘A praia dos afogados’, de Domingo Villar. Con este, ademais da inauguración, vou establecer a que vou chamar a Clase A: a preferida, a especial, á que pertencen sobres con nome de bares e restaurantes que aparecen nalgunha historia. Hai outros sobres que tamén serán válidos para esta colección. Aqueles que o nome do local coincida co nome do autor (ou autora, é visto) ou co título do libro. Quedan descartados os sobres nos que aparece unicamente a marca de café, a non ser que cumpra algún dos devanditos requisitos.

Formarán parte da colección:

A) O bar aparece nomeado na novela

B) O nome do bar coincide co título da novela

C) O nome do bar coincide co nome do autor ou da autora

D) Sobres que teñen citas de autores

Quero invitarvos a participar, sexades ou non lectores e (ou) cafeteiros. Por unha banda, porque se non teño a vosa axuda, esta colección non vai pasar da media ducia de sobres. Por outra, porque estou seguro que moitos tomardes o café nalgún lugar onde houbo algún asasinato, tiroteo, naufraxio, encontro ou desenlace (todos estes literarios, claro). Quen se anima?!

Graciñas por adiantado. 🙂

Número 1. Sobre de azucre do Refugio del pescador (Daniel Gonzalez Martin)

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Colección de sobres de azucre. Ligazón permanente.

4 Responses to Café literario (0): unha colección de sobres de azucre

  1. leilem di:

    Domingo Villar “entrevistado” no programa Juego de espejos do pasado dia 4:

    Juego de espejos – Domingo Villar, escritor – 04/06/12

    Saúdos
    🙂

    Daniel

    Gústame

  2. peke di:

    Temo que non vou poder colaborar; tomo té, pero sempre sen azucre. 😉

    Gústame

  3. Dani di:

    Mais sempre podes roubar un sobreciño para min Peke! Cando te colla policía di que é para a A lei de Lem. Entenderano axiña….

    Era en Santiago que había un bar que se chama Momo? Que gran incorporación seria para esta colección
    😀

    Unha aperta Peke

    Gústame

  4. peke di:

    Si, había un bar que se chamaba Momo, pero non sei se aínda existe. Hai máis de vinte e sete anos que marchei de alí e volvo moi de vez en cando, só para ver a familia.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s