‘Evolució i complexitat’, de Jordi Bascompte e Bartolo Luque

‘A complexidade é como a pornografía: difícil de definir, mais doado de recoñecer’ (p. 27). Unha pequena mostra da linguaxe amena e desenfadada da escrita deste libro. E unha das cousas que fan que sexa un texto de divulgación entretido. Este libro tamén é interesante. Se me seguides direivos porque me gustou.

O libro invítanos a achegarnos á complexidade da evolución coa exposición da complexa relación parásita entre os grilos e as moscas Ormia. Estas atopan aos grilos co seu oído: unhas ‘orellas’ dun área de 1 mm2. Fai despois un repaso por unha chea de temas, algúns pouco frecuentes na narrativa de “ciencia popular”. Neste sentido, gustoume atopar unha explicación sinxela sobre o internalismo e o externalismo en bioloxía, sobre como as restricións condicionan en parte o ‘destino’ da especie. E para máis gozo do lector, atopamos aquí referencias ao traballo de Pere Alberch, un badaloní que fixo investigación sobresaínte neste campo xunto ao paleontólogo Stephen Jay Gould.

Este último autor e outros evolucionistas ‘saltacionistas’ teñen un protagonismo considerable neste libro. Botándolle unha ollada ao libro e vendo que había fotografías destes, pensei que a exposición sería de crítica máis ben negativa. [Javier Sampedro, biólogo e xornalista, dicía que para medrar no departamento compre non telos coma modelo]. Bascompte e Luque non fan nada disto. Utilizan os seus argumentos para explicar como a evolución dáse de diferente xeito e a diferentes escalas. Non é un criterio que goce dun consenso total. Pero xa está ben que non quede sepultado baixo a explicación máis ortodoxa da evolución.

Unha última cousa quero mencionar do libro: a participación do físicos. abráiame a fascinación que provoca a evolución sobre estes investigadores. Jorge Wagensberg dicía que ‘A idea de Darwin (e Wallace) da selección natural é, probablemente, a idea máis brillante de toda a historia da civilización’. John F. W. Herschel respondía ‘a substitución das especies extinguidas por outras’ cando lle preguntaban polo ‘misterio dos misterios’. Un exemplo máis: todo este libro. A física móstranos que limitacións teñen as estruturas na natureza. E tamén introduce novas formas de investigación en certos temas, coma por exemplo o estudo de redes e os fenómenos de extinción.

Todo isto e máis neste libro conciso e ameno. Complexidade? Só no título e como tema. Mais para nada na súa lectura.

BASCOMPTE, Jordi; LUQUE, Bartolo. Evolució i complexitat. Traducción de Josep Franco. Alzira: Bromera; València : Universitat de València, 2011. 219 p.; 23 cm. (Sense fronteres: 34). ISBN 9788437081922.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Autores e autoras, Bascompte-Jordi, Evolucio-i-complexitat, Luque-Bartolo coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s