‘Microbios e outros paquidermos’, de Fernando Díaz-Castroverde

Merquei este libro na única librería en Barcelona onde sei que podo atopar títulos desta editorial. Foi un pronto (prometín non mercar libros este ano) e co pensamento de comprar algo dun autor novel. Unha actitude loable por unha banda isto de darlle unha oportunidade. Aínda que tamén pretensiosa por outra: non podemos dicir igualmente que é o autor/a quen nos dá a nós a oportunidade de coñecelo?

Microbios e outros paquidermos é unha compilación de “polaroids”, de textos breves sen conexión entre eles a maioría e uns poucos ligados moi estreitamente: a serie da princesa e o sapo, a serie de Aladino…. A retranca e ironía percorre cada unha destas culleradas narrativas cunha fórmula moi semellante en todas elas. Un parágrafo que describe unha situación párase nun punto e aparte que chega até unha frase que pecha a historia cun desenlace breve (ás veces sobrecolledor, por exemplo, o eco do primeiro relato).

Gocei moito desta lectura, sen esperar nada do libro, e coa autocomplacencia do bo xesto de apostar sen convencemento por este autor descoñecido (non deixedes de facer estas cousas, apostar por un/a autor/a,  diga o que diga). Foi unha sorpresa moi grande. As súas pequenas historias de poucas liñas foron docemente adictivas. Agora case que me sinto mal pola miña falta de fe no autor, e só espero coñecer máis microbios dos cultivos deste homínido: Castro-verde.

DÍAZ-CASTROVERDE GÓMEZ, Fernando. Microbios e outros paquidermos. Vigo: Editorial Galaxia, 2011. 136 p. 21×14 cm. (Literaria: 305). ISBN 9788498654066.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Autores/as galegos/as, Díaz-Castroverde-Fernando, Microbios-e-outros-paquidermos coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

2 Responses to ‘Microbios e outros paquidermos’, de Fernando Díaz-Castroverde

  1. Fernando Díaz-Castroverde di:

    Grazas pola crítica do meu libro e alégrame moito que che gustara. Para un autor é imprescindible e valiosísimo coñecer as opinións dos seus lectores.
    Un saúdo.

    Fernando.

    Gústame

  2. leilem di:

    Carallo! Pois para un lector, que fai un blog para escribir unha chisca e xogar a “crítico literario”, recibir a visita d’un autor é todo un acontecemento.

    Graciñas pola visita, polo comentario e máis polo libro. Eu xa dixen que estou a espreita do vindeiro
    🙂

    Saúdos Fernando

    Daniel

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s