‘La creación’, de Edward O. Wilson

Edward O. Wilson (Imaxe de Wikimedia Commons)

Un diálogo entre un pastor e un científico…. Carallo, non sei se quero estar no medio, non sei se o quero escoitar. Que non se enfade ninguén. É que a min a retórica relixiosa non me vai. Ademais, eu son un dos que goza da explicación da natureza co coñecemento que nos dá a ciencia. “Estimado Pastor”, comeza dicindo….. Mais continuemos a lectura. Wilson é autor de libros sobre ecoloxía moi interesantes, o será este tamén?

Wilson achégase á posible percepción do pastor do tema con moito tacto. “Sei perfectamente que na mente de moitos a ciencia e o ambientalismo están ligados coa evolución, con Darwin e o laicismo” (p. 15). É unha frase que merece moitos matices, e que apuntaría cara a posicións moi enfrontadas. Mais o autor non quere estirar as orellas a ninguén, senón denunciar a desfeita que supón a perda de especies a un ritmo alarmante. Wilson non aforra crítica: “os nosos líderes, incluso os pastores das grandes relixións, fan moi pouco para protexer o mundo vivo” (p. 21), e ligado con isto estaría a “deficiencia de formación científica de tódalas relixións do mundo” (p. 26) que provoca unha ineficiente xestión da natureza.

Wilson fálanos dos “alieníxenas terrestres”, que son todas aquelas criaturas excepcionais e marabillosas que viven connosco e que non coñeceremos, porque sofren a presión das actividades humanas, que aconteceron unha forza transformadora máis. Wilson insiste: cada vez temos menos tempo “A vida neste planeta xa non pode resistir máis saqueos” (p. 148). É nesta parte do libro onde Wilson fálanos da biodiversidade coma fenómeno misterioso do que nos queda aínda moitísimo por coñecer.

A disciplina que axudará a xestionar correctamente a diversidade biolóxica é, obviamente, a bioloxía. “A ciencia transformouse na máis democrática das empresas que cometeu o home. Non é nin relixión nin ideoloxía.” (p. 157). Nesta parte do libro quen recibe son os científicos. Wilson matiza rapidamente que quere falar “de ciencia, non dos científicos, posto que a maioría deles, incluso os galardoados con Premio Nobel, son profesionais competentes de miras estreitas, que non teñen máis interese na condición humana que os legos” (p. 154). Palabras, por unha banda, un chisco duras. Pero é que o autor defende a educación no aprecio e admiración pola natureza. Neste sentido, reclama mestres coma os que tivo, reclama a nosa formación coma naturalistas.

La creación é un chamamento a focalizar a nosa atención sobre un legado que estamos a esmagar. Ten, como ledes aquí, opinións moi firmes que aparecen expresadas de forma moi clara. É a mensaxe dun experto no tema que mira cara atrás e ve que non estamos facendo abondo. Quizais non vos chego a convencer, mais a resposta á pregunta é afirmativa: é outro libro interesante de Edward O. Wilson.

“A defensa da natureza é un valor universal que non provén de ningún dogma relixioso nin ideolóxico, e que non implica tampouco apoialo. Pola contra, está ao servizo de toda a humanidade sen discriminación algunha.” (p. 11)

WILSON, Edward O. La Creación: salvemos la vida en la tierra. (The creation: an appeal to save life on Earth. 2006). Trad. Elena Marengo Buenos Aires: Katz, 2006. 256 p.; 17 cm. (Difusión; 1005) ISBN 9788496859098.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en General, La creación, Wilson-Edward-O coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s