Ler, actividade perigosa

“Que nos aporta a lectura? Que estraña forma de compromiso mantemos co que lemos? Que facemos, ao ler? Que fai a lectura connosco? Será a lectura, como inxenua e equivocadamente pretenden algúns, unha paréntese da vida? Ou será quizais máis ben unha forma de vida? Por outra banda, ese acto de lectura, que tradicionalmente considerouse como un recollemento, como unha concentración na soidade do ler, non será máis ben unha forma de comunidade, un xeito de pertencer a unha comunidade e de contribuír a enriquecela?” Xavier Antich

Non sei porqué a lectura é unha actividade especialmente recomendada en tempos de crise. Isto é o que parece acontecer de acordo con algúns artigos e columnas de opinión que estou a ler ultimamente. Amólame unha chisca. Para min a lectura tivo e ten o mesmo (alto) valor de sempre.

Mais benvidos sexan, por suposto, artigos coma este de Xavier Antich que nos fala do libro de Ángel Gabilondo, Darse a la lectura. O libro pinta máis que ben. Mais non deixedes de pasar polo artigo de Antich para saber en qué consiten os perigos da lectura. Penso que vos vai gustar.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Citas coa lectura coas etiquetas , . Ligazón permanente.

2 Responses to Ler, actividade perigosa

  1. peke di:

    O libro resúltame moi apetecible. O artigo gustoume moito. Poderíanse dicir tantas cousas sobre a lectura que incluso dá certo pudor.

    Gústame

  2. leilem di:

    Ola Peke,

    Eu estou totalmente convencido: a lectura é unha actividade única. Ben certo que libros que falan sobre a lectura non hai poucos. Mais este ten boa pinta. Eu estou a facer de gardiá no catálogo da biblioteca pública para darlle unha ollada (se chega, xaora).

    Graciñas pola visita Peke!
    🙂

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s