‘Todo é silencio’, de Manuel Rivas

A cuberta da edición en galego semella ser a única que nos ofrece este ceo bretemoso debuxado por Miguelanxo Prado

Das primeiras lecturas deste ano hai dous libros que han resultados ser foron a cara e cruz da mesma moeda. Por unha banda Solar, Ian McEwan, converteuse nunha lectura incómoda dun xeito un tanto estraño. Non conectei co seu humor e situacións supostamente de risa non me fixeron nada de graza. Tal é deste xeito, que decidín abandonar a súa lectura. Esta é a cruz.

Doutra banda (polo outro lado: a cara), a lectura de todo é silencio, de Manuel Rivas gustoume moito. Sorprendeume a súa linguaxe (o meu primeiro Rivas, ten delito…), un galego que eu nunca serei capaz de escribir. Gustoume o seu vocabulario e a claridade da súa escrita.

O contexto da historia xa foi tratado por outros autores. Que chegue a recordar agora mesmo…. Narcos, de Reigosa; Sangue sobre a neve, de Forcadela, por exemplo. Rivas achéganos a unha localidade imaxinaria das Rias Baixas e ao mundo do contrabando dos aldeáns. Se cadra póidase dicir que a historia tratada por Rivas ten un aire máis persoal e menos de “novela policial” (sen que isto sexa un demérito para outros títulos). Pregúntome que ten de diferente Todo é silencio e só podo dicirme que me gustou case porque si. Ata o triángulo de relacións entre os personaxes parece ser un recurso xa utilizado…

Non hai dúbida: cada libro ten o seu intre de “lectura óptima”. Ou serán os lectores quen o temos?

RIVAS, Manuel. Todo é silencio. Vigo: Xerais, 2010. 274 p.; 22 cm. (Narrativa: 295). ISBN 9788499141695.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Autores/as galegos/as, Rivas-Manuel, Todo-é-silencio coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

6 Responses to ‘Todo é silencio’, de Manuel Rivas

  1. peke di:

    Pois eu fun incapaz de rematalo, a pesar de que a escrita de Rivas non me desgusta. A temática abúrreme, se cadra porque son galega e vivo en Galicia desde que nacín. Coñezo demasiado ben ese mundo e xa cansa.

    Gústame

  2. peke di:

    Por certo, e desculpa se che molesta a miña observación, en galego os tempos compostos non existen.

    Gústame

  3. Eu lin ámbolos dous libros o ano pasado e, para min, os dous son do mellorciño que lin no 2011. Solar sorprendeume, xa que non coñecía a Ian McEwan e, polo que logo lin sobor del, semella estar moi recoñecido na literatura inglesa. Cómpre darlle unha oportunidade e remata-lo libro.

    No que respecta a Manolo Rivas, tamén foi o meu primeiro libro del e gustoume moito porque reflexa, neste libro, un ambiente que me resulta moi familiar (e dun xeito moi doado de ler), non por telo vivido en primeira man, senón por teren pasado moitos veráns (coido que todos os de cativo) nas Rías Baixas, e ter escoitado moitos contos ou ve-las planeadoras dun lado a outro nas noites escuras (coas farolas apagadas, claro está). Tempos aqueles…

    Apertas

    Gústame

  4. leilem di:

    Ola Peke,

    Nunca antes abandonara a lectura dun libro malia non me gustara o que estaba a ler nese intre, e sempre deixaba para o final a valoración da lectura. Fíxeno con McEwan por primeira vez e agora penso que ten que ser “un dereito” do lector/a decidir se lelo ou non. Agora penso que pódese renunciar a continuar coa lectura de calquera autor. Por outra banda, comprendo perfectamente este sentimento de abatemento ante cousas que seguen sen mudar grazas á irresponsabilidade e aos corruptos de sempre, e “mudan de colar”, mais son os de sempre…

    Nin me molesta nin tes que pedir perdón Peke por unha opinión coma esta. Benvida, de novo, a este recuncho da rede
    🙂

    Gústame

  5. leilem di:

    Lín o teu comentario sobre Solar. Eu tamén quixen “pasar por este autor” pensando na importancia e as boas críticas que recibira. Non descarto encamiñar de novo a lectura deste título, e non penso descartar para nada o autor. Teño unha proposta da miña muller, que me propón ler primeiro outros títulos coma “Sábado” ou “A praia de Chesil”. Dareille unha oportunidade, seguro.

    Vaia, pois vivir isto en directo ten que ser… diferente, coma mínimo. Eu paso as vacacións en Vigo e non me chegara, de momento, ningunha historia sobre este tema.

    Graciñas pola visita Xosé Lois,

    Saludos

    Gústame

  6. peke di:

    Que non deixe comentarios non implica que non te siga. 😉 Así que o de benvida de novo… Non te deixei de ler. 🙂

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s