‘El astillero’, de Juan Carlos Onetti

Os estaleiros abrazados pola cidade de Vigo (11 de marzo de 2010). Fotográfia de fran eirin (CC BY-NC 2.0)

Sempre que leo a palabra estaleiro penso en Vigo, en Bouzas…. Coñezo outros, pero o primeiro lugar que me chega á mente é, invariablemente, esta cidade das Rias Baixas. Cando tiven na miña man El astillero, e sen ler sequera unha páxina, foi nas gradas de Freyre, Armond e Fillos de Barreiras nas que pensei, nas súas enormes portas, as súas grúas, na rúa de Beiramar.

El astillero, de Juan Carlos Onetti, non está ambientado en Vigo, se non  en Santa María da Rocha, en Uruguai. A historia acontécelle a Larsen, un vello que volve a unha cidade que non lle ten estima. Larsen traballa nese estaleiro que esta a piques da bancarrota. Ten en mente conquistar á filla do dono do estaleiro, moito máis nova que o protagonista e acusada de tola por moitos. Se a empresa xa pinta complicada, a venda dun falso título comercial fai perigar a xa torpedeada saúde do estaleiro.

Fun sorprendido pola escrita do autor, a quen leo por primeira vez. Unha prosa particular, discursiva, moi descritiva ás veces, con esas comiñas que detallan un pensamento. (un exemplo, na páxina 79, ”pareceume que era o….[…]”. e 30 liñas despois: “[…] se era el”). Tarde descubro que El astillero é a segunda novela de Santa María. A primeira é La vida breve, que posiblemente explíque as oríxes de Larsen.

Este desexa a continuidade do estaleiro, e desexa poder atopar xeito de salvalo e volver darlle actividade. Curiosa a coincidencia coa situación que viven os estaleiros de Vigo e outros lugares de Galiza, estando a novela ambientada na outra riba do atlántico. Seguro que máis dun destes estaleiros teñen ou tiveron “o seu Larsen”, e moitas historias máis.

ONETTI, Juan Carlos. El astillero. Barcelona: Salvat Editores, 1983. 172 p. 18×12 cm. (Biblioteca básica Salvat,63) ISBN 978-84-345-8066-4.

Agradecido a fran eirin por compartir a súa fotografía.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Astillero, Autores e autoras coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s