Reto 2012: Comezou a viaxe!

Partindo do Meridiano de Greenwich, punto de lonxitude cero, dividimos a terra en 24 meridianos, 12 ao Leste e 12 ao Oeste. De feito, trátase dos meridianos que se utilizaron orixinalmente para establecer os fusos horarios. Entre meridianos existe unha distancia de 15 grados, si atravesamos todos os meridianos, percorreremos os 360 grados que ten a circunferencia da Terra, e daremos a volta ao mundo. Cómpre ler un libro por cada sección do mapa.

Para completar unha sección hai que lerse un libro cuxo autor ou contido estean estreitamente relacionados con algún punto xeográfico que se atope dentro dos seus límites meridianos. Para axudarche, no momento de rexistrar un libro, abonda con que escribas a cidade que sexa e verala aparecer no mapa.

Imos poñer un exemplo: Travesuras de una niña mala, de Mario Vargas Llosa, acontece en 4 puntos básicos: Madrid, Londres, Paris e Toquio. Ben, pois este libro é válido para a sección onde está Arequipa, Perú (onde naceu o autor) ou tamén para a sección de Madrid – Londres (as dúas cidades pertencen á mesma), ou a de Paris ou a de Toquio xa que gran parte da acción desenvólvese nestas cidades. Por suposto, non vale repetir sección.

Invítoche a consultar as 10 preguntas sobre o reto 2012, onde atoparás resposta ás cuestións máis concretas de leste reto e si aínda che quedan dúbidas, pregunta no Foro ou mándame un correo a merigallego@gmail.com.

Podes encamiñar o RETO 2012 en calquera intre do ano, pero canto máis tarde te rexístres, máis rápido terás que ler. O reto remata o 31 de decembro do 2012 a media noite.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en General coas etiquetas . Ligazón permanente.

4 Responses to Reto 2012: Comezou a viaxe!

  1. QUim di:

    És un bon repte i original 🙂

    Gústame

  2. leilem di:

    Ola Quim! que tal che vai?

    Pois si, unha iniciativa ben chula da Meri Gallego, que cada ano nos convida a ler deste xeito tan recreativo
    🙂

    Unha aperta rapaz!

    Dani

    Gústame

  3. Eu acábome de engadir á lista e, a verdade, non é moi orixinal respecto de algúns retos de 2011, pero seméllame máis difícil… sobor de todo por algún fuso horario, que vai custar un pouco 😉

    Gústame

  4. leilem di:

    Ola Xosé Lois,

    Estou de acordo contigo, a min o reto do 2011 gustoume dos que mais, e pareceume especialmente orixinal. Mais ben vinda sexa esta nova proposta de Meri, verdade?

    Certo, vai ser difícil completar algúns meridianos…. todo un reto! Mais tamén esta ben que sexa unha chisca difícil
    🙂

    Graciñas pola visita

    Daniel

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s