Un exercicio de ‘egonomía’

Sergi Pàmies, nunha columna do xornal do pasado día 13 de xaneiro, falaba da indignación que lle provocan as medidas de austeridade que se están esparciendo por todas partes. No escrito expuña unha serie de reaccións ás rebaixas (de soldo), o encarecemento e a subida de impostos. Eu empezo este ano tamén con considerábel indignación. A situación que comenta Pàmies sufrímola moitos e é doado estar de acordo, ou polo menos sentir simpatía, coas súas formulacións.

Eu, este ano, tamén me propuxen non comprar libros. Non teño ganas de participar do xogo que nos impón e unha das miñas reaccións vai ser mirar de consumir moito menos, tan pouco como poida. Mais outro motivo é ler aquilo que teño pendente da miña biblioteca. Botei unha ollada ao meu caderno amarelo onde teño anotado que fun comprando…. desde 1995!. Nestes días de balances e listas sobre libros lidos o ano pasado, libros recibidos no Nadal como agasallos e desexos lectores para o novo ano, eu fixen reconto daquilo que aínda non lira.

E para divertirme e pelexarme co Calc un intre decidín mostralo deste xeito. Xa Librarything ofrécenos datos sobre a nosa biblioteca. Mais a información que non me dá, eu atopeina no meu caderno amarelo. Caderno, por certo, que naceu con esa fin: saber que compraba, mais tamén que restaba por ler. (Como de común será entre lectores e lectoras este sentimento de “culpabilidade” por ter libros sen ler?)

Queda deste xeito inaugurada esta sección de “Estudos bibliométricos de pouca sonada”, con esta primeira gráfica sobre cantos libros da miña colección esperan a estrea. E a ver o ano próximo que parte das miñas lecturas abandonadas recuperara.

Figura 1: número de libros non lidos respecto o total de libros de ficción e por ano. Diagrama feito co programa Calc. Lenda: Laranxa, libros de ficción. Azul, libros non lidos

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Estudios bibliómetricos coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

One Response to Un exercicio de ‘egonomía’

  1. Pingback: As linguas da miña biblioteca | a lei de Lem

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s