A biblioteca do Polarstern

Unha biblioteca particular sen dúbida, a biblioteca dun barco. Esta, se cadra, aínda unha chisca máis por ser a biblioteca dun buque oceanográfico: o Polarstern. Non subín e nunca estiven nela. As veces, cando estou en Vigo imaxino atorpar este buque no peirao xunto ao Sarmiento de Gamboa. Quen sabe se algún dia isto sucedera. Mais se sei que o Polarstern ten biblioteca é grazas á novela de Rossi e Polo, a segunda aventura do investigador Tomàs Martí. Desta recollo estes anacos que falan da biblioteca.

“A biblioteca do Polarstern servía ocasionalmente de solemne sala de reunións. Era un espazo amplo delimitado por andeis desde o chan até o teito repletas de libros de todo tipo que os habitantes do barco non tardarían en seleccionar, en vista das semanas de pasividade que se lles viñan encima. (p.201)

“Tomás observaba os poucos libros que quedaban nas andeis da biblioteca. Os reiterados saqueos por parte da poboación máis ociosa do Polarstern foran, a pesar de todo, selectivos. Lía os títulos dos lombos que permaneceran nos estantes e eran realmente infumables: unha historia da medicina contemporánea, dicionarios, algún tocho sobre enxeñería naval, libros en idiomas foráneos (xaponés, polaco, ruso e finlandés) e unhas poucas novelas de autores descoñecidos e títulos que pouco ou nada convidaban á súa lectura”. (p.305)

 

Library in the blue saloon. 2007 (Imaxe de Hannes Grobe, Alfred Wegener Institute. cc-by 2.5)

ROSSI, Sergio; POLO, Toni. El cementerio de icebergs. Barcelona: Plaza & Janés, 2010. 365 p. 15×23 cm. ISBN 9788401337482.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Cementerio de icebergs, Polo-Toni, Rossi-Sergio coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s