Un doodle moi especial en homenaxe a Lem

60º aniversario da primeira publicación de Stanislaw Lem

Stanisław Lem foi un dos máis grandes e máis influentes escritores de ficción científica da historia; os seus libros foron traducidos a máis de 40 linguas e vendidas máis de 30 millóns de copias. Mesmo se non tes lido a Lem, poderías ter visto Solaris, un filme baseado nun dos seus libros.

Este ano sería o 90 aniversario de Lem [12 de setembro], e hoxe [23 de novembro]* é o 60º aniversario da publicación do seu primeiro libro, Os Astronautas. Decidimos preparar un doodle realmente especial para esta ocasión.

O doodle de hoxe está inspirado na Ciberíada, unha serie de historias sobre dous construtores “brillantes,” Trurl e Clapacius. “As Historias de Lem poden ser sombrías, mais A Ciberíada é comparativamente alegre e optimista, aínda que segue a referir aos temas filosóficos atopados no resto da súa escritura,” di Sophia Foster-Dimino, a ilustradora do doodle. “O estilo visual distintivo está inspirado no traballo do famoso ilustrador polaco, Daniel Mróz, os debuxos deste acompañaron moitas das edicións do libro.”

Isto é tamén un doodle co que podes xogar. “Tódolos universos de Lem son ricos e verosímiles. Dedicamos moito tempo para entender como rendirlle homenaxe, e axiña decidimos construír un pequeno xogo. Mais o xogo nunca é igual cada vez que xogas – así como sentiamos apropiado o imperfecto e arbitrario mundo futurista da Ciberíada,” di Marcin Wichary, quen propuxo orixinalmente o doodle e tivera o encargo de traelo a vida. “Un dos moitos pequenos agasallos é que incluímos un elemento debuxado polo mesmísimo Lem . É a ti a quen lle toca descubrir cal é.”

Marcin: Algúns dos nosos estudos da máquina de oito piosos que non sabe moitas matemáticas. Dedicamos moito tempo para deseñar a interfície de usuario e os puzzles para este e os seguintes niveis.

Este doodle é tamén especial en canto a tecnoloxía e ideas creativas utilizadas na súa concepción. “Mirábamos as ilustracións de Mróz’, e como aparecían na páxina. Pensamos dar ao doodle as mesmas proporcións – cabe máis para mostrar o universo, e afortunadamente máis dun impacto.” Di Sophia. Marcin Está de acordo: “Quixemos que o noso tributo fora único, grande, e vivo. Utilizamos algúns elementos de HTML5 – por exemplo para gráficos máis rápidos, almacenaxe Web para recordar se xogaches ao xogo, ou apoio de tacto – mais tamén decidimos non utilizar algúns outros. Por exemplo, as transformacións de CSS3 dábannos unha fidelidade visual pobre que nós non considerábamos respectuosas cos intricados debuxos de Sophia – polo que xiramos algunhas imaxes de xeito tradicional.” [Marchin Wichary explica con detalle os aspectos técnicos no web HTML5Rocks]

O doodle foi feito en colaboración cos herdeiros de Lem e Łucja Mróz-Raynoch, a filla de Daniel Mróz. Esperamos que o goces tanto coma nós , e que devolva bos recordos aos lectores e lectoras de Stanisław Lem, e que anime a todos a achecharse á Ciberíada e outros libros!

*[Tradución ao galego de Daniel Gonzalez Martin do texto 60th Anniversary of Stanislaw Lem’s First Publication]

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Lem-Stanislaw coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s