‘El fin de los libros’, de Octave Uzanne

Este é un “libro lambetada”. Nas librarías atopámolo xunto á caixa, mentres esperamos para pagar. Non me resulta agradable que nunha libraría haxa elementos tan mercantilistas e tan parecidos aos supermercados. Ademais é un libro caro, pois ten case o prezo dun libro de peto aínda que o seu número de páxinas sexa mínimo. Pero en fin, que vou dicir se eu son o primeiro en caer…

O punto de partida xa é curioso. Trátase dun encontro entre membros dunha institución de prestixio: a Royal Society. Unha reunión de homes (non hai mulleres á vista) doctos en temas diversos, un deles é un gran investigador: o físico Lord Kelvin. O narrador é o experto en libros. Preguntado este sobre como exerceremos a lectura no futuro (estamos no século XIX), anticipa de forma certeira algúns aspectos que nós xa experimentáramos ou estamos a facer agora.

A lectura de El fin de los libros é tan breve como proveitosa. Case cada páxina garda unha idea interesante, ou provocadora, ou visionaria. O emprego dunhas técnicas para un público ou necesidades específicas (o fotogravado como suficiente para o público xeral), se cadra contaxiada pola inercia a facer desaparecer ao artesán. A idea da lectura como actividade que dana os nosos ollos, se cadra condicionada pola consideración da visión como sentido superior ao resto dos sentidos. O home ocioso como home preguiceiro. A anticipación da autoedición, aínda que sexa por medios moi diferentes aos coñecidos hoxe. A modificación da cadea de distribución: vendedores a beira dá rúa. A aparición do Walkman, na súa lectura ata hai uns anos, e que agora temos que actualizar falando do Ipod. E como non: a desaparición dos libros das bibliotecas.

Mais esta última idea esta aínda a resistir, non si?

UZANNE, Octave. El fin de los libros. (La fin des livres. 1894). Traducción de Elisabeth Falomir Archambault. Madrid: Gadir, 2010. 51 p.; 18 cm. (Pequeña biblioteca Gadir). ISBN 9788496974715.

Advertisements

2 opiniones sobre “‘El fin de los libros’, de Octave Uzanne

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s