Utilidades (diversas) da tecnoloxía

Jules Verne no Porto de Vigo. 6 de agosto de 2007. Foto de Daniel Gonzalez Martin

Nun escrito anterior* falaba do pracer de sentirse lonxe de casa, de facer un café nunha cidade diferente e follear a prensa desta. Hoxe falarei do truncamento parcial deste pracer. A cousa é que o xornal preferido non sempre está dispoñible, cousa lóxica. Mais… pódese ler sen prexuízos un xornal que non che esperta especial simpatía malia poder tomar un cortado (bo) por un prezo inferior a 1 €?

Eu non o conseguín. E isto é o que, supoño, condicionou a miña opinión sobre a noticia que lía o pasado día 3 de agosto no diario El Mundo. Sorprendeume e gustoume moito a lectura e máis o faladoiro que fixemos de Jules Verne no primeiro ano do Club de lectura. A noticia estaba relacionada con este escritor.

A efeméride era o 50è aniversario da chegada ao polo norte do primeiro submarino con propulsión nuclear: o Nautilus!. Sobre o uso deste nome non direi nada. Creo imposible que non haxa nada escrito sobre a ironía que esconde o uso deste nome nun submarino militar. Ademais, non quero ser un abandeirado daquilo politicamente correcto. Chocoume o feito que o artigo dixese que aquel feito servira de inxección de moral ante o golpe que supuxo o éxito do Sputnik soviético. (Agora xa sabedes a nacionalidade do submarino)

Evidente: o cartos son deles e poden investilos no que queiran, e se a ciencia (tamén) serve para esporear ao pobo… Pero, son comparables un logro co outro? Ten sentido facer tal comparación? E que sacamos nós? Temos que atender nós a “súa” rifa? Temos que parar atención aos avatares do seu orgullo?

* Moi pero que moi anterior. Recupero este escrito do Blog do Club de lectura de ciencia da Biblioteca Miquel Llongueras, que eu mesmo escrivira cando participaba nel, para engadir ao meu anecdotario de lecturas (este blog) a súa versión en galego.
Advertisements
Estas entrada foi publicada en Desatinos coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s