‘Papaventos’, de Xavier Queipo

Xa me gusta atoparme na lectura referencias a escritores e obras. Non é obrigatorio, evidentemente, mais a miúdo é unha fonte de referencias e novas propostas de lectura. Papaventos, de Xavier Queipo, cumpre esta particularidade e ademais ten unha de curiosidade: un tradutor como protagonista.

Papaventos narra a historia do ficticio tradutor (Francis) de Ensaio sobre a cegueira de José Saramago ao inglés. Este Francis reside en California, e é alá onde fai vida coa súa rapaza. Para a tarefa de tradución do título do nobel de Portugal Francis faise cun bo viño e música daquel país. Pero o médico faille saber que sofre unha enfermidade que fará que, do mesmo xeito que sucede na novela que está a traducir, quede cego nuns meses. O noso protagonista consegue rematar a tradución baixo a presión do editor, que non se mostra para ren comprensivo coa súa situación persoal. A súa rapaza tomará unha decisión importante sobre o destino desta tradución.

É aquí onde atopamos unha crítica moi directa a uns poucos profesionais da edición. Tan directa e clara, que me fai preguntarme en que medida podería tela sufrido o autor. Non sería estraño, se pensamos de que maneira algunhas industrias da cultura son mal remuneradas e tan pouco valoradas.

Eu quédome co recordo especial das últimas vinte páxinas, que narran o regreso dun emigrante galego á súa terra e tamén supoñen un xiro notable (e dramático) á historia.

P.D: para aqueles a quen lles pareza estraño que o tradutor de Saramago ao inglés sexa galego, que recorden que o verdadeiro tradutor deste título ten….nome italiano.
😉

Agradecemento: a Brett Davis (Photosightfaces) por compatir a súa fotografía.

QUEIPO, Xavier. Papaventos. [Santiago de Compostela]: La Voz de Galicia, 2002. 204 p. 22 cm. (Biblioteca Galega 120: 116). ISBN 9788483028148.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Autores/as galegos/as, Papaventos, Queipo-Xavier coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s