‘El tigre que no está’

Os números confunden porque hai quen os utiliza para vendarte os ollos (p. 37)

Non é a primeira frase deste libro, mais si unha das ideas que os autores denuncian e axudan a esnaquizar. Que satisfacción e pracer ter lido este libro. Por unha banda, porque trata un tema pouco accesíbel para moitos. (A min o primeiro, que suspendín estadística durante moitos anos consecutivos). Por outra banda, porque o libro esta escrito de xeito doado, cheo de exemplos que trasladan situacións complexas ata outras comúns e cotiás. Unha mostra, na páxina 64:

“Ata onde pode variar unha firma sen deixar de ser lexítima? canta variación nas taxas de mortalidade pode haber ata que empecemos a dar por suposto que se producen asasinatos?” (p. 64)

Blastland e Dilnot nos axudan entender que amosan realmente diferentes variables estadísticas e sobre todo, que uso fan os interesados en manipular a nosa opinión. Os autores reflexionan sobre a actitude da xente diante do relativo coñecemento que nos ofrecen os números:

“Os nosos pensamentos sobre a incerteza son intensamente persoais, mais a linguaxe pública e profesional pode resultar abstracto ata o absurdo. Non sorprende, pois, que cando se mesturan cifras co medo o resultado non sexa máis coñecemento, senón confusión e un medo desproporcionado.” (p. 131).

Outro valor do libro, e unha das cousas que se cadra o fan único por aditamento ao seu valor divulgativo, é a súa perspectiva social. Sen dúbida se o libro non está no andel das matemáticas é porque a discusión sobre as implicacións sociais da disciplina son tema principal do texto. E máis é de agradecer, porque eleva a ledicia da súa lectura. O ton de denuncia non deixa de estar presente:

“O que se adoita aducir para defender isto é que ninguén mente, e é verdade, mais sería desexábel que as organizacións para a loita contra o cancro e os xornais serios aspirasen a algo máis que a non mentir. Esta forma de impedir que a claridade lles estrague unha boa historia aplícase en especial aos riscos para a saúde, non é un costume que só teñan algúns xornalistas.” (p. 141)

Os números, os datos, son de uso cotiá na prensa e de especial impacto nalgúns temas médicos. Blastland e Dilnot sinalan o seu uso fraudulento por parte de periodista e políticos. Resulta escandaloso comprobar a deshonestidade duns poucos políticos, máis non moito. De espantos estamos curados xa, e moi claro temos a pouca vergonza que teñen. Os autores non son uns dogmáticos defensores da utilidade da estadística, e si son plenamente conscientes das súas limitacións. Certeiro e mesurado, (e compresivo con aqueles afectados por enfermidades graves que buscan nos números certa esperanza) o libro é un excelente achegamento á socioloxía desta materia:

A ‘moraleja’ é que, dado que a vida carece de certezas, e dado que isto sabémolo por experiencia, non deberiamos esperar que os números sexan unha excepción; se se usan con coidado, poden arroxar un pouco de luz sobre a incerteza, pero non lle poden gañar a partida. (p 147)

“A estatística é un exercicio que serve para enfrontarse á incerteza, para manexala, non para producir certezas. Adoita ter a franqueza de recoñecer que dubida, algo que os demais deberiamos estar dispostos a facer tamén.” (p 149)

O seguinte fragmento sérveme para anotar outro valor do libro:

“‘Poderíalle pasar a vostede’ din os anuncios da lotería nacional, e é certo, aínda que todos sabemos que tipo de verdade é esa. En todo caso os xornalistas responsables débennos algo mellor que unha lotería de posibilidades. E con todo existe un sesgo innato que xoga a favor das cifras atípicas.” (p 199-200)

Belamente escrito na súa sinxeleza, nos seus exemplos clarificadores e nas súas comparacións e metáforas (detrás do título está a primeira), o que se cadra achega o libro á case-perfección é o seu humor e máis a súa retranca. Humor que non sei levar ata aquí e que por iso pídovos que a buscades na súa lectura.

Cuberta da primeira edición (2007)

BLASTLAN, Michael; DILNOT, Andrew. El Tigre que no está : un paseo por la jungla de la estadística. (The tiger that isn’t : seeing through a world of numbers. 2007). Trad. de Laura González de Rivera. Madrid: Turner, 2009. 262 p. 22 cm. ISBN: 9788475068725.

Os autores son os conductores dun programa de radio sobre o mesmo tema que o libro: More or Less: Behind the Stats, na BBC.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Autores e autoras, Blastlan-Michael, Dilnot-Andrew, El tigre que no está coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s