‘A praia dos afogados’, de Domingo Villar

O meu exemplar de "A praia dos afogados" visitara lugares que aparecen na novela (Foto: Daniel Gonzalez Martin)

A praia dos afogados é o segundo caso de Leo Caldas. No transcurso da investigación atopámonos cunha mensaxe estraña. É unha mensaxe de agradecemento a un “ser” non persoal, inanimado, inerte: o mar. “Grazas por me devolver o corpo do meu querido”. É máis que un detalle ou unha anécdota. Nin tampouco é un matiz que afecte só aos pescadores galegos, se non que é un aspecto moi humano. Quen non preferiría ter onde poder velar aos seus mortos? Nesta historia hai alguén que non o pode facer, non pode velar a morte da súa nai desaparecida. E está convencido que os mariñeiros do Xurelo teñen algo que ver. Vai probar chegar ata eles? Está tramando esta persoa a súa vinganza?

Leo Caldas esta investigando a aparición do cadáver de Xusto Castelo ligado cunhas bridas na praia da madorra. Castelo foi tripulando don Xurelo,. Acompáñao, non podía ser doutro xeito (nin queremos) o seu axudante Rafael Estévez. Pero este Estévez non é o mesmo que en Ollos de auga. Algo máis tranquilo e mesurado, un chisco máis ao longo do desenvolvemento da historia, dálle a Caldas algún consello moi acertado sobre a súa actitude e sobre como se deixa absorber, se cadra con exceso, polo traballo. Que sucedeu durante o naufraxio do Xurelo? Os sobreviventes dun naufraxio acontecen “irmáns” logo de tal experiencia…..Pero a tripulación do Xurelo non se fala, non ten unha relación para nada fraternal.

A investigación dará voltas ata atopar o bo camiño cara á súa resolución. Neste camiño reencontraremos personaxes que aparecían ao primeiro caso do inspector Caldas, e coñeceremos de novos. Xente da Galicia costeira e arredores de Vigo, e descubriremos que cousas os angustian. Uns esconden cousas do seu pasado. Outros non queren saber do pasado outros. Pero Leo Caldas está aquí para resolve-lo caso.

Unha vez dixen que esperaba con impaciencia o terceiro caso de Leo Caldas. A primeira novela de Villar gustoume moito e permitiume unha mirada diferente nunha cidade que visito de cando en vez (Vigo). A praia dos afogados, máis extensa e máis discursiva, é unha excelente continuación á divertida e entretida presentación que foi Ollos de auga. Dicía Domingo Villar que a seguinte tamén sería máis parecendo á segunda que non á primeira. Agora que se ha pasoume o mono, podo esperar con paciencia (pero con moita expectación) o terceiro caso de Leo Caldas.

Villar, Domingo. A praia dos afogados. Vigo: Galaxia, 2009. 504 p. 21 cm. (Literaria/ Galaxia: 273) ISBN 978-84-9865-180-5.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en A praia dos afogados, Autores/as galegos/as, Villar-Domingo coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

3 Responses to ‘A praia dos afogados’, de Domingo Villar

  1. Acabo de remata-la lectura deste libro e, certamente, é moi bó, ó igual que Ollos de auga. Dende logo paga a péna lelo. Saúdos

    Gústame

  2. leilem di:

    Ola Xosé Lois,

    Vexo que descubriches ao detective Leo Caldas! Para min foron unha gran sorpresa e despois unha ledicia de lectura. Eu, que xa coñecía Vigo, descubrín outro Vigo e máis outros lugares pretos a ela. Penso que son unhas excelentes novelas. Eu espero con paciencia e con expectación a terceira entrega, que vai saír na primavera.
    🙂

    Saúdos, ata pronto

    Dani

    Gústame

  3. Pingback: Domingo Villar en Juego de Espejos « Retelladoresdogaliñeiro

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s