‘El pico del pinzón’, de Jonathan Weiner, mais comentado por Jerry A. Coyne

“O máis soado de todos [exemplo da selección en acción], que non elaborarei aquí en detalle porque xa foi descrito a fondo (por exemplo, no soberbio libro de Jonathan Weiner, The Beak of the Finch: A Story of Evolution in Our Times), é a adaptación dun ave a un cambio de clima anómalo. O Pimpín de Darwin (Geospiza fortis) da Illas Galápagos foi estudado durante varias décadas por Peter e Rosemary Grant, da Universidade de Princetown, e os seus colaboradores. En 1977, unha forte seca nas Galápagos reduciu de xeito drástico a dispoñibilidade de sementes na illa Dafne Maior. Este Pimpín, que normalmente prefire comer sementes pequenas e brandas, viuse forzado a recorrer a sementes máis grandes e máis duras. Varios experimentos mostraron que só as aves máis grandes, con pico máis grande e robusto, poden romper con facilidade as sementes duras. O resultado foi que só os individuos de pico grande puideron alimentarse adecuadamente, mentres que os de pico pequeno morreron de inanición ou quedaron demasiado débiles para reproducirse. Os sobreviventes de pico grande deixaron máis descendentes, e á seguinte xeración a selección natural incrementara o tamaño medio do pico nun 10 por 100 (o tamaño corporal tamén aumentou). Esta taxa de evolución é vertixinosa, moito máis rápida que nada que vexamos no rexistro fósil. En comparación, o tamaño do cerebro humano aumentou no linaria humano ao redor dun 0.001 por 100 por xeración. Todo o que require a evolución por medio da selección natural quedara documentado a satisfacción polos Grant en estudos previos: os individuos da poboación orixinal variaban na profundidade do pico, unha gran proporción desa variación era xenética e os individuos con picos distintos deixaron un número de descendentes distinto na dirección predita.” (páx. 178)

Recollo hoxe un fragmento do excelente libro de Jerry A. Coyne para falar doutro libro que eu lira hai tempo, penso que no 2007 máis ou menos. Trátase do título de Jonathan Weiner “O pico do pimpín: unha historia da evolución nos nosos días”, que recibira o Premio Pulitzer no ano 1995 na categoría xeral de non ficción. Coyne recolle, facendo referencia ao traballo do matrimonio Grant, unha proba máis da realidade da evolución. Fágoo co convencemento que sempre temos que deixar que os verdadeiros especialistas sexan “os primeiros en falar”, e tamén, que eu non tería unha proposta mellor para vos convidar á lectura entrambos títulos.

COYNE, Jerry A. Por qué la teoría de la evolución es verdadera. (Why evolution is true. 2009). Traducción de Joan Lluís Riera. Barcelona: Crítica, 2009. 364 p. 24 cm. (Drakontos). ISBN 9788498920222.

WEINER, Jonathan. El pico del pinzón: una historia de la evolución en nuestros días. (The beak of the finch. 1995) Trad. Manuel Pereira. Barcelona: Galaxia Gutenberg, 2000. 13 x 21 cm, 529 p. ISBN: 9788481093650

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Coyne-A-Jerry, El pico del pinzón, Por qué la teoría de la evolución es verdadera coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

One Response to ‘El pico del pinzón’, de Jonathan Weiner, mais comentado por Jerry A. Coyne

  1. leilem di:

    ‘O traballo de Peter e Rosemary Grant nas Illas Galápagos, tan marabillosamente contada en El pico del pinzón por Jonathan Weiner, é un bo exemplo de como os cambios evolutivos poden suceder en períodos de tempo moi curtos e como a hibridación pode xogar un papel crave no cicelado de novas especies’ [páxina 151]
    Roberto X. Hermida, explica tamén de xeito marabilloso cosas de morcegos e moito máis no seu libro. E tamén lera “El pico del pinzón”.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s