En agradecemento a túa visita… un chiste

Un galego está sentado xunto a un catalán na sala de espera dun aeroporto esperando un voo longo.
O catalán mira ao galego e como se sente superior pensa en aproveitarse del facilmente. Así que lle pregunta ao galego se lle gustaría xogar a un divertido xogo.
O galego, canso, só quere durmir unha sesta, rexeita diplomaticamente e trata de darlle as costas.
O catalán insiste, o xogo é moi divertido. ‘Eu fágoche unha pregunta e se non sabes a resposta, págasme 5 €. Logo ti fas unha pregunta, e se non sei a resposta, eu pagareiche 500 €’
O galego para facer calar ao catalán que se pon tan pesado, acepta participar no xogo.
O catalán fai a primeira pregunta: ‘Cal é a distancia desde a Terra ata a Lúa? ‘. O galego non di nada, saca do seu peto un billete de 5 € e entrégallo ao catalán.
Agora é a quenda do galego, que lle pregunta ao catalán: ‘Que sobe
unha montaña con tres pés, e baixa con catro? e bótase a durmir.
O catalán acende o seu portátil, busca todas as referencias. Entra na rede e accede a todas as enciclopedias mundiais, revisa en Galipedia, manda e-mails a tódolos amigos listos que coñece (poucos, xa que é catalán)…sen resultados.
Logo dunha hora de estar buscando dáse por vencido. Esperta ao galego e dálle os 500 €. O galego cos 500 € no peto, dáse a volta e a durmir de novo.
O catalán encabuxado como unha mona por non atopar a resposta, esperta ao galego e pregúntalle: ‘ Ben, vasme a dicir que é o que sobe unha montaña con tres pés e baixa con catro?’
O galego saca 5 €, llos entrega e vólvese a durmir….

Este blog non ten maís dunha ducia de visita por dia. Mais precisamente por isto quero agradecer dun xeito simpático a tódolos que pasaron, pasan e pasaran (desexo) por aquí. Ten algunha cousa de estereotipada. Dubido moito que tiñamos menos amigos por ser cataláns ou galegos. E debe ter seguramente as súas variantes de nacionalidades e colectivos. Gustoume moito como se pecha a “historia” que explica. Foi, por certo, un agasallo de Ramon (catalán tamén) que mo enviou por correo. Pois nada máis. Unha aperta a todos/as.

😉

Daniel

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Desatinos coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

2 Responses to En agradecemento a túa visita… un chiste

  1. Rdf di:

    Agradécese o chiste. ¿Seguro que era catalán o que propuxo ese negocio?
    Unha aperta.

    Gústame

  2. Dani di:

    Ola Rdf, e benvida.

    A min chegoume a versión catalán “versus” galego, mais como digo, seguro que ten tantas versións como nacionalides.
    🙂

    Graciñas pola visita.

    Saúdos

    Daniel

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s