‘Cando Verne amarrou en Vigo’, de Paco Climent

Penso que é un exercicio de boa saúde lectora facer lecturas eclécticas. Entendo que a calificación de “crossover” quere achegar lectores adultos a títulos xuvenís, mais as veces me parece un pouco estratexia comercial máis que unha auténtica caída de barreiras xeracionais. Eu, nalgún intre, sentinme defraudado. En todo caso, estou intercalando ultimamente unhas poucas lecturas xuvenís…. cun grao de satisfacción variado.

Hoxe teño o gusto de poder dicir que Cando Verne amarrou en Vigo, de Paco Climent, gustoume moito. Ninguén lle puxo, que saiba, a etiqueta de “crossover”. O que si fixeron é sacar o nome de Vigo do título….. Quizais non é unha cidade bastante famosa ou atractiva para os editores. Mais isto está a cambiar grazas aos casos de Leo Caldas 😉

Cano Verne amarrou en Vigo narra as aventuras de Pepe, a quen o seu amigo Bruno intenta involucrar no roubo da boia flotante de Antonio Sanjurjo Badía. Este amigo necesita deste aparello para rescatar ao seu pai da prisión, onde chegou de xeito inxusto. Outro personaxe histórico que aparece na novela, ademais do enxeñeiro Badía, é o mesmo Jules Verne, que pasa uns días na Ría de Vigo no seu iate Sant Michel. Todo isto no contexto da busca dos restos da batalla de Rande. Un barco inglés fíxose co privilexio que tiña unha compañía francesa. Mais isto esperta as sospeitas de Don Wenceslao, que non ve a xogada nada clara. Os nosos protagonistas tamén probarán de descubrir qué están a tramar estes busca tesouros.

E aínda que non lle chegue nunca esta mensaxe, quero felicitar a Paco Climent polo bo intre que me deu a lectura do seu libro. Esta novela xuvenil contén unha pila de temas interesantes e mestura con sabedoría aventura, amizade e retrato social. Este último elemento gustoume moito, porque Climent debuxa unha xente deixada polo goberno e traballadores sometidos a inxustizas, que miran de vivir o seu día a día como poden, trampeando, “pirateando”. Eu non lle vou poñer etiqueta ningunha, mais non o pensedes, teñades a idade que teñades, lédea…. e gozádea.

Boia submarina do enxeñeiro Antonio Sanjurjo Badía no Museo do Mar de Galicia, Vigo. Fotografía de Daniel Gonzalez Martin

CLIMENT, Paco. Cando Verne amarrou en Vigo. Trad. de José Ignacio Chao Castro. Vigo: Editorial Tambre, 2005. 164 p. 22×13 cm. (Catavento: 13). ISBN 9788488681409.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Cando Verne amarrou en Vigo, Climent-Paco coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s