‘La evolución de Calpurnia Tate’, de Jaqueline Kelly

Este novela xuvenil fíxose popular. A min chamáronme á atención as referencias a Charles Darwin que aparecen na sinopse e nas citas de cada capítulo (todas elas de “A Orixe das especies”).

Calpurnia Tate, única filla dunha familia numerosa, vive en Texas. Ten a sorte de ter un avó afeccionado ás ciencias naturais, que a fai participar nos seus experimentos de elaboración de augardente caseiro e nas súas investigacións botánicas. Ambos perseguen o achado dunha nova especie de leguminosa (vicia sp.). Pero se Calpurnia goza da compaña e influencia do seu avó, non pensa así a súa familia, especialmente a súa nai: Calpurnia desvíase demasiado do canon feminino tradicional.

A novela ten detalles simpáticos. Entre eles, os intentos do avó de destilar un licor decente a partir de noz pacana e terse carteado co mesmísimo Darwin. Hai que recoñecer tamén que o tema darwiniano non pasa do anecdótico. Hai algúns detalles admirables. O avó de Calpurnia está ao día dos grandes avances do momento. Coñece os estudos de Gregor Mendel e os do matrimonio Curie por exemplo, aínda que, en aras da literatura de xénero, Pierre Curie non aparece como co-descubridor do ”elemento químico da Señora Curie (p. 203).

O que máis me gustou é a sinxeleza con que Kelly define que é a ciencia:

— Iso non é verdade, J. B. Contigo xogo moito. Ademais, o avó e eu non xogamos. Facemos ciencia. — Respondín, presuntuosa.
— E iso que é?
— Cando estudas o mundo que tes ao redor e tratas de descubrir cómo funciona.

(páxina 84)

Outro belo comentario, esta vez en boca do avó, sobre qué organismos deben ser obxecto de estudo, atopámolo na páxina 96:

— Recorda, Calpurnia, que Petey non é a túa mascota. É unha criatura da orde natural das cousas. Aínda que é máis fácil atopar interesantes aos animais de ordes superiores, e eu mesmo debo confesarme culpable desta debilidade, iso non significa que poidamos deixar de lado o estudo dos inferiores. Facelo indicaría falta de determinación e unha erudición moi superficial.

O libro non afonda máis no referente á ciencia. Non hai obriga disto, por suposto. Mais a min déixame co mel nos beizos. Está claro qué quere ser Calpurnia de maior, mais a historia só parece testemuñar a falta de comprensión por parte da familia e contorna. A ciencia só é utilizada como profesión. Eu estaba á espera de moita máis substancia, pensando no lugar, a época e o contexto relixioso dogmático (a familia é metodista). Hai unha certa indefinición no seu desenlace. A persoa que me deixou este libro sospeita dunha segunda parte. Mais eu non vexo que a historia a mereza.

-+-+-+-+-+-+-+-

KELLY, Jacqueline. La evolución de Calpurnia Tate. (The evolution of Calpurnia Tate. 2006). Trad. de Isabel Margelí Bailo. Barcelona: Roca Editorial, 2010. 268 p. 19 cm. (RocaBolsillo). ISBN 9788492833153

Advertisements
Estas entrada foi publicada en General, La evolución de Calpurnia Tate coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s