As mulleres de Josep Conrad

David Vann considera ás mulleres “moito máis completos que os homes”. A opinión deste autor que promocionaba a súa primeira novela (Skuwan island) en Barcelona lévame á lembranza de diferentes personaxes femininos das novelas de Joseph Conrad. Este último parece ser da mesma opinión que Vann. Fago esta suposición a partir da seguinte “sentenza” que aparece en Bajo la mirada de occidente, que di….

Creo que nunca se pode enganar por completo a unha muller. As que están perdidas dan o seu chimpo ao abismo cos ollos abertos. (p. 213)

Non é o único exemplo que me chega á memoria. A moza que en El cuento pide de xeito aparentemente caprichoso que se lle explique unha historia, dáse conta deseguido do sentimento de pesar do home que teme non haber sido xusto. A filla do capitán de Con la soga al cuego bástalle ler a carta para recoñecer o sacrificio feito polo seu pai. E a esposa de Lord Jim, que dicir da rapidez con que se dá conta do que vai facer o seu marido, sen que medie palabra algunha, coma se adiviñase o seu pensamento. Non lin todo o que me gustaría de Conrad, pero sospeito que deben haber máis exemplos como estes.

As mulleres de Conrad son certeiras, non dubidan, non se confunden… e resultan un marcado contrapeso á carón deses outros personaxes atormentados por algún motivo ou outro. Non faría máis que anotar unha coincidencia se non tivese falado sobre isto co lector errante, que me sinala un aspecto no que non pensara. As mulleres de Conrad son como son porque son inconscientes, porque a súa consciencia non padece a tortura que si sofren outros personaxes.

E como non podemos ter de Conrad nin novas opinións nin matices ás xa coñecidas (si no caso de Vann), só podemos facer conxecturas a partir da lectura. Cousa que me parece algo xenial, cando o que provoca é o noso debate, re-lectura e intercambio de opinións entre lectores.

-+-+-+-

CONRAD, Joseph. Bajo la mirada de Occidente (Under western eyes. 1911). Tradución de Bárbara McShane e Javier Alfaya. Madrid: Alianza, 2006. 426 p.; 18 cm. (Biblioteca de autor; 0822). ISBN: 9788420660226.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Conrad-Joseph coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s