Química e literatura: Stanislaw Lem

por Xavier Duran i Escribà

Stanislaw Lem (1921-2006) foi un escritor polaco nacido en Lwów (cidade que hoxe pertence a Ucraína). Empezou a carreira de medicina, mais a abandonou. A pesar diso, as súas lecturas déronlle unha sólida cultura científica e tecnolóxica, e utilizouna a miúdo nas súas obras para elaborar unha ciencia ficción que servise de reflexión sobre o futuro da humanidade.

En 1971 publicou Kongres futurologiczny (Congreso de futurología). A obra narra as peripecias de Ijon Tichy, que logo dun longo período de hibernación espértase no ano 2039 nun mundo onde impera a paz grazas a diversos produtos químicos. O parágrafo que reproducimos ironiza sobre os psicofármacos e denuncia as posibilidades de manipulación das persoas.

«A auga da billa. Efectivamente: desde o mesmo instante en que bebera esa auga, empezaran en min eses cambios. Que podía haber nela? Veleno? Con todo, aínda non oíra dicir que existise algún que puidese…. Aínda que, vexamos…. Son un asiduo subscritor da prensa científica. Ultimamente, en Science News publicaron unhas notas acerca dos novos elementos psicotrópicos, do grupo dos chamados benignativos (que inclinan ao ben), os cales distínguense polo feito de reducir a mente á serenidade e a alegría aínda en ausencia do máis mínimo motivo. ¡Bah! ¡Deixémonos de bobadas! Tiña ben frescas na memoria esas notas: o hedonidol, a benefactorina, a enfasiana, o euforiasol, o felicitol, o altruismol, a boocaresina e toda unha extensa gama de derivados, sen contar o grupo dos hidroxilenos amínicos sintetizados con todos aqueles corpos, talles como o furiasol, a lisina, a sadistinina, a flaxelina, o agresium, o frustraxiol, a amocolina e moitos máis preparados pertencentes ao chamado grupo zurrológico (que insta a zurrar e maltratar a todo ser vivo ou morto que se acha preto dun)/dun) e entre os cales cabe destacar primordialmente o zurrandol e o atacandol.»

LEM, Stanislaw (1978) Congreso de futorologia (Kongres futurologiczny. 1971) Trad: Melitón Bustamante. Madrid: Alianza. 11 x 18 cm, 143 p. (El libro de bolsillo: 1377) ISBN-10: 84-206-0377-5

Tradución ao galego de Daniel Gonzalez Martin do texto de Xavier Duran aparecido na páxina Barcelona Cultura. [Consulta: 8 de maio de 2011]  <http://barcelonacultura.bcn.cat/quimica-i-literatura-stanislaw-lem&gt;

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Lem-Stanislaw coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s