‘Focas daltónicas y alces borrachos’, de Jörg Zittlau

Moi, pero que moi divertido libro a quen dou a benvida a este xénero que é a narrativa de divulgación científica sobre evolución. Non é doado atopar títulos sobre o tema. Aínda que isto quizais é inevitable, posto que é difícil esperar a popularidade que acadaron os libros de Stephen Jay Gould. O título de Jörg Zittlau evoca a El pulgar del Panda de Gould en falar das imperfeccións da natura. De feito hai ata un apartado ao falso polgar deste animal, aínda que Zittlau focalice a súa atención sobre a inapetencia sexual destes mamíferos (p. 149).

Zittlau explica toda unha serie de condutas particulares dun abanico de animais moi ancho (réptiles, mamíferos, paxaros, insectos, artrópodos, peixes….), comportamentos que nalgúns casos fannos pensar no perigo pola supervivencia da especie. Focas daltónicas y alces borrachos non só provoca risas. Expón de forma breve e clara limitacións fisiolóxicas e de conduta. Explica por exemplo as implicacións de vivir en lugar ligadas á medida do animal nos caso dos elefantes e as musarañas. Zittlau non se esquece de facer mención da vulnerabilidade ecolóxica. Neste sentido, ata parece esaxerado ás veces: o propio comportamento do animal é un perigo para a súa especie.

Non me convence totalmente o final do libro. Este acaba centrándose no cerebro humano para facer unha “apoloxía” do errar e da imperfección como acción natural e común aos humans. Isto non ten nada de malo por se mesmo, mais me parece un xiro unha xisca estraña en relación co fío condutor do libro. En todo caso, recomendo desde aquí a súa lectura.

38715_1_Defocasdaltonicas.jpg

Caprichos y defectos en el plan general de la Naturaleza.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Focas daltónicas y alces borrachos, General, Zittlau-Jörg coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s