‘O que Darwin non previu’, de Alba Payo Froiz

Un libro de acción trepidante que recolle gran parte do ideario do fantástico e da ficción científica das últimas décadas. “O que Darwin non previu” bebe un pouco de todo: Aliens, Star Wars, o universo Marvel… unha morea de referencias aparecen páxina tras páxina. Alba Payo Froiz demostra ser unha fan do xénero. Tamén demostra estar interesada nas implicacións sociais do Darwinismo. En que outra ficción poderiamos atopar unha referencia ao documental “o pesadelo de Darwin”? Aquí, ao final da páxina 47.

“O que Darwin non previu” é unha novela fantástica con doses de terror e ficción científica. Nunha aldea viven, cercados polo exército, unha serie de mutantes aos que se considera infecciosos. Como xa ocorrera en “Ensaio sobre a cegueira” estes supostos infectados fan o posible por saír do seu cativerio.

Polo que se refire ao tema da evolución, o libro non o trata con corrección científica e si con moita fantasía. As novidades evolutivas transmítense coma se dunha infección se tratase. O éxito é do máis forte fisicamente e non do mellor adaptado á súa contorna. E o que menos me gusta, que tamén aparece na obra “La torguga de Darwin”: involucións que se dan nun mesmo individuo. En todo caso á novela non lle falta honestidade para nada, pois é evidente que non hai o desexo de ser preciso no tratamento deste tema.

A novela ten moitas cousas boas. É divertida e emocionante. Case non hai respiro para descansos e sucédense sorpresas e cambios a un ritmo máis que lixeiro. A situación de desesperación duns poucos personaxes por atoparse nun mundo sen alternativas e tamén a situación do marxinado por ser diferente son aspectos que me creo especialmente ben expostos. Unha excelente presentación desta colección de autores noveis.

PAYO FROIZ, Alba. O que Darwin non previu. Santiago de Compostela: Urco Editora, 2010, 190 p. (Alcaián). ISBN 9788493812133.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O que Darwin non previu, Payo-Froiz-Alba coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

One Response to ‘O que Darwin non previu’, de Alba Payo Froiz

  1. leilem di:

    Versión definitiva e correxida coa axuda de Marta RP.
    🙂
    Graciñas

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s