Operación Lem, en Barcelona

Monográfico dedicado a Stanislaw Lem no 90 aniversario do seu nacemento, no encontro sobre literatura Kosmopolis 2011

Stanislaw Lem foi un dos renovadores da literatura de ciencia ficción, e unha das figuras craves da literatura fantástica, xunto con Jorge Luís Borges e Italo Calvino. Grazas á fantasía científica obtivo recoñecemento mundial, pero son os seus ensaios os que permitiron apreciar os seus amplos coñecementos e a orixinalidade do seu pensamento filosófico. Stanislaw Lem foi, ademais, un visionario, que predixo aos anos sesenta o desenvolvemento da tecnoloxía informática e os mundos virtuais na súa obra Suma technologiae.

Os seus libros, entre os cales atópanse Ciberiada e Solaris, hanse traducido a 40 idiomas e vendéronse 27 millóns de exemplares. O 2011 celébrase o 90 aniversario do seu nacemento; por este motivo, Kosmopolis dedicaralle un monográfico especial, con debates, “perfomances” e material audiovisual inédito.

Programación

* Philip K. DickLa penúltima verdad. Emiliano Larre, 2008, 89’, castelán. Estrea

* Jerzy Jarzębski, Wojciech Orliński, Fernando Ángel Moreno e David Torres. Debate á contorna de Stanislaw Lem (Visionado da charla no web do CCCB – 4 de xulio de 2011)

* Wojciech Orliński. Presentación e proxección de Milhojas (Przekladaniec)

* Łukasz Szalankiewicz – Zenial. Voice of Lord – Glos Pana (Visionado en streaming o venres 28 de marzo, as 22h)

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Lem-Stanislaw coas etiquetas , . Ligazón permanente.

One Response to Operación Lem, en Barcelona

  1. leilem di:

    Unha moi boa noticia para os lectores de Lem: dende hoxe mesmo pódese consultar na páxina web do Centre de Cultura Contemporànea de Barcelona a charla que tivo lugar na pasada edición de Kosmópolis 2011.

    Unha aperta dende aquí aos implicados no proxecto K11 e grazas por pendurar esta charla

    Saúdos
    🙂

    Dani

    Jerzy Jarzebski, Wojciech Orlinski, Fernando Ángel Moreno i David Torres. Debat al voltant de Stanislaw Lem
    http://www.cccb.org/ca/video-jerzy_jarz_bski_wojciech_orli_ski_fernando_ngel_moreno_y_david_torres-38858

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s