‘El cementerio de icebergs’, de Sergio Rossi e Toni Polo

Excelente novela pola súa sinxeleza e polo efecto de dependencia lectora que me creou. Lina de vez, cousa que facía tempo non me ocorría con ningún título.

Tomàs Martí é un investigador catalán que se embarca no buque oceanográfico RV Polarstern, un rompe-xeos co casco dun azul precioso, escenario principal da narración. O embarque en Cidade do Cabo cara á Antártida transcorre sen máis incidencia que a inclusión á expedición dun equipo de investigadores a última hora. Isto provoca as sospeitas e malestar de Martí, que non aproba o presunto privilexio que recibiu o devandito grupo.

A partir de aquí a intriga crece de forma lenta e constante. O día a día de navegación (a relación entre mariñeiros e científicos, a recollida de mostras, bromas aos novatos, chegada á base antártica Neumayer…) altérase cunha primeira morte, aparentemente accidental. Pero David Corominas escoita unha conversación que non tería que escoitar, e isto, ademais de pór a súa vida en perigo, descobre aos que subiron os últimos ao barco. Adrien Hutty, un dos xefes deste grupo, propón chegar até o cemiterio de icebergs de Austasen. Coacciona ao capitán do Polarstern e convence ao resto da tripulación. O lector descubrirá como de interesada é esta proposta: o obxectivo destes é testar un aparello que favorecería a explotación dos recursos minerais da Antártida.

Un título excelente, entretido, escrito claramente con ar de bestseller, pero respectuoso e medido. Quero dicir con isto que a trama é complexa pero non barroca, que é emocionante pero non estúpido. (Vaia, que ninguén salta desde un helicóptero e despois levántase sacúdese o po). Unha novela que ben podería catalogarse de ciencia ficción polo uso dunha tecnoloxía aínda non dispoñible (a nanotecnoloxía) e realista pola época e contexto en que sucede. Unha mestura saborosa que me fai esperar con expectación unha próxima expedición do Doutor Martí.

ROSSI, Sergio; POLO, Toni. El cementerio de icebergs. Barcelona: Plaza & Janés, 2010. 365 p. 15×23 cm. ISBN 9788401337482.

Miguel Ángel Gómez Juárez tamén leu O cemiterio de icebergs…

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Cementerio de icebergs, Polo-Toni, Rossi-Sergio coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s