Un novo reto para lector@s

Se o Reto 2010 foi un reto con carácter, o reto 2011 vai ser un reto con moita química, imos ler… a táboa periódica dos elementos!!! Teredes que elixir elementos químicos e de cada un que elixades deberedes ler un libro que conteña a cadea de caracteres do seu símbolo no título, no autor ou nas siglas do autor. Un exemplo ilustrativo: poñamos que elixides o Americio, que ten o símbolo Am, pois aquí tedes varias opcións de libros a ler:

1. Calquera libro de Amélie Nothomb

2. Calquera libro de Andrea Camilleri

3. Calquera libro de Antonio Machado (polas súas siglas) AM

4. A metamorfose / Franz Kafka

5. El amor en los tiempos del cólera / Gabriel García Márquez (este serviría tanto polo título “O amor…” como polo autor ”García Márquez”)

Entendido, podemos elixir os libros como queiramos? Claro que non! Que tipo de reto sería ese? Hai que lerse un elemento químico de cada unha das 18 columnas da táboa periódica, que representan os 18 grupos de valencias atómicas. A de cousas que se aprenden con estes retos… Só 18 libros? Non, tamén hai que ler un libro de cada unha das 7 filas, que representan os 7 períodos co mesmo número de orbitais atómicos (a que vos deixei abraiados?)

Parece sinxelo, certo? Pois non, aínda hai máis: non se pode repetir o mesmo elemento dúas veces, así que hai que pór atención aos eixos cartesianos. Explícome: se na fila do período 4 colledes o Titanio que parece fácil de atopar (Ti), cando vaiades á columna 4 (familia do Titanio) só vos quedarán o Circonio (Zr), o Hafnio (Hf) e o Rutherfordio (Rf)… coidado! É dicir : 18 libros, un por columna 7 libros, un por fila = 25 libros. Estupendo, imos engadirlles 2 libros máis : hai que ler un elemento do grupo dos lantánidos e outro do grupo dos actínidos, que son elementos de transición interna e van un pouco por libre, así que podedes elixir libremente 😉

25 libros+2 = 27, e para redondear, e como se que vos gusta, engadirémoslle 3 libros a elixir da lista de recomendacións que fagamos entre todos. 27+3 = 30 libros con moita química!

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Desatinos coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s