Un paseo por “A praia dos afogados” [31] e [32]

Rúa da Pedra. Vigo. 6 de agosto de 2010. Fotografía de Daniel Gonzalez Martin

O inspector seguía facendo conxeturas cando na rúa Cánovas del Castillo se cruzou con ducias de turistas acabados de desembarcar no peirao de transatláticos. Uns acudían aos postos das ostreiras no mercado da Pedra […] (p. 249)

A Rúa da Pedra é dende hai pouco tempo unha rúa aínda máis agochada, despois da cuberta que fai que os turistas poidan gozar das otras resgardados da choiva. Isto se chove, porque no verán, cando chegan os cruceiros non sempre chove.

Praza da Alameda. Vigo. 21 de agosto de 2010. Fotografía de Daniel Gonzalez Martin

Os xardineiros aproveitaban a tregua concedida pola choiva para varrer as follas caídas na Alameda e os nenos volvían correr destrás das pombas. (p. 251)

Na Alameda, se chove, móllaste. Máis neste parque eu teño a oportunidade de ver un dos espectáculos que máis me gustan. Trátase dos bailes tradicionais que se fan, que teñen a particularidade de combinar bailes galegos e bailes de países de lonxe. Visitar Vigo no verán ten a desvantaxe de non atopar “O Elixio” aberto, mais a vantaxe de si atopar estes bailes.

Villar, Domingo. A praia dos afogados. Vigo: Galaxia, 2009. 504 p. 21 cm. (Literaria/ Galaxia: 273) ISBN 978-84-9865-180-5.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en A praia dos afogados, Villar-Domingo coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

One Response to Un paseo por “A praia dos afogados” [31] e [32]

  1. leilem di:

    O paseo por “A praia dos afogados” segue dende hoxe mesmo. Quero pedir desculpar por mudar de data a aparición destas fotografías (dixen que aparecerían os venres…). Mais este blog é un entretemento e dedícome a el cando podo. O paseo por esta novela aínda non remata. Non obstante non me podo propoñer regularidade.

    Non vou facer ningún tipo de celebración, mais quero engadir que estou un pouco contento porque esta é a entrada número 100 deste blog.
    🙂

    Saúdos lector@s,

    Dani

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s