‘Bona crisi: cap un món postmaterialista’, de Jodi Pigem

– Unha lectora convidada: Neus Pinen –

De tanto falar da famosa crise, asociándoa basicamente a ideas negativas e a un sentimento de pesimismo xeneralizado, quizais estamos a perder de vista o feito que toda crise é tamén (ou, como mínimo, pode chegar a ser) unha oportunidade de cambio, e non necesariamente para peor. Esta mensaxe de positivismo no medio da penumbra ideolóxica que predomina na actualidade sería aquilo que tan convenientemente nos lembra Jordi Pigem no seu libro Bona crisi: cap un mon postmaterialista.

De dada lectura e de ideas, á vez, tan claras e sinxelas como interesantes e necesarias Bona crisi intenta achegar un pouco de luz sobre cal sería o camiño a seguir a partir de agora tendo sempre en conta a longa evolución humana que nos trouxo ata o momento presente e aprender, pois, do pasado. Un presente en que faría falta, segundo Pigem, evolucionar cara a un cambio de paradigma (dado que, de acordo co autor, atopámonos ante unha crise global a tódolos niveis e, polo tanto, non só económico; unha crise sistémica que englobaría tamén as nosas crenzas e valores máis arraigados, a nosa mirada cara ao mundo que nos rodea e, sobre todo, a forma en que obramos con este): pasando do actual paradigma materialista que

xera egoísmo e competición. Ve o mundo e os outros como obxectos de explotación ou rivais. Corre aceleradamente cara ao futuro cunha carga de culpas ou preocupacións.

E que se non hai máis remedio desemboca cara ao consumismo exacerbado (cara á idea de consumo, ergo existo) cara un novo paradigma postmaterialista que (a pesar de que recoñezo que ás veces pode soar un pouco místico) segundo Pigem significaría

un declive do afán de posuír e de consumir bens materiais, e un espertar do interese polos bens inmateriais e intanxibles como a creatividade, a solidariedade, o coñecemento, a sabedoría e a alegría de vivir e convivir.”

A través dos séculos fomos forxando a nosa identidade a expensas de separarnos da natura e desarraigarnos do cosmos.

Aínda máis: de feito, a expensas de dominar, de someter a nosa contorna baixo a crenza que se trata dun medio hostil en que o único que se consideraría real sería a materia, inerte e cuantificable (de acordo cunha visión materialista do mundo) rematamos desarraigándonos da nosa propia condición humana, de tal forma que

o narcisismo, a esquizofrenia e a depresión que caracterizan a nosa cultura reflectiríanse no saqueo de paisaxes, de comunidades e da nosa vida interior

e, polo tanto, o desequilibrio ecolóxico actual e o desequilibrio anímico presente na nosa cultura actual serían dúas caras dunha mesma moeda.

Virar a nosa mirada cara á mestra máis sabía que podemos chegar a coñecer, a natura, sen esquecernos que tamén nós formamos parte, sería un primeiro paso e estaría na base deste cambio de paradigma proposto por Pigem. Pero este tamén nos recorda que hai outras accións positivas que xa fai tempos que se están a dar a outros moitos niveis e que terían que animarnos a pensar que o mundo non necesariamente ten que seguir avantando cara ao colapso senón que a súa “curación” aínda é posible e que, nun universo onde absolutamente todo está intrinsecamente interconectado e calquera dos elemento que forman parte (tamén nós) é interdependiente cos outros, calquera acción que emprendamos, por pequena que sexa, ten consecuencias e, polo tanto, significado e pode xerar un cambio (desexabelmente positivo) no total.

PIGEM, Jordi. Bona crisi: cap a un món postmaterialista. Badalona: Ara Llibres, 2009. 159 p. 23 cm. ISBN 9788492552856.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Lectores e lectoras convidados coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s