‘Les històries naturals’, de Joan Perucho

Un taxónomo protagonista, que bo inicio. Antoni de Montpalau é un científico que quere resolver o misterio da Avutarda gemminis, especie difícil de catalogar (até o punto de non estar claro se se trata dun mamífero ou dun paxaro). Non é a única especie que aparece na novela. Joan Perucho dános a coñecer un ventallo de fauna e flora real e fantástica.

O ser máis fantástico e perigoso é un vampiro que atemoriza a poboación de Pratdip. Antoni Montpalau, científico de sona, é requirido nesta poboación para acabar co non morto.

Esta non é unha novela de terror típica. Está ambientada na Cataluña do século S.XIX durante a primeira guerra Carlina. De feito, o contexto historicista é máis notable que o do xénero de terror. Ou quizais é que a min non me deu demasiado medo ;-). A descrición do conflito, o desenvolvemento da contenda na cidade de Gandesa, o exilio dos carlistas… O protagonista terá que vérseas co vampiro logo de expulsalo do pobo, e tamén dende o bando dos inimigos, cando estes fan prisioneiro a Montpalau.

Aínda que pouco terrorífica, a novela está moi pero que moi ben. Escrita con moita claridade, desprende á vez un moi bo cheiro a novela culta. O enfrontamento contra o vampiro faise dun xeito particular. A ciencia é o método superior, aquilo que ten que iluminar aos homes. Pero a ferramenta efectiva contra o chupa sangue é o coñecemento popular. Confúndeme e pregúntome en que medida cría Joan Perucho na ciencia. Da nobreza de Antoni de Montpalau non queda sospeita, pois axuda a quen o captura a desfacerse do maleficio. A amizade entre quen axuda e é axudado, a pesar de pertencer a bandos contrarios, é un dos detalles admirables da novela.

Mágoa que non vexamos como o noso protagonista taxónomo retoma o estudo da Avutarda geminis.

PERUCHO, Joan. Les històries naturals. Barcelona: Edicions 62, 2011. 248 p.; 23 cm. (El Balancí: 648). ISBN 97884297673.

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Les històries naturals, Perucho-Joan coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

3 Responses to ‘Les històries naturals’, de Joan Perucho

  1. Daniel di:

    Todos temos a posibilidade de ser un o máis dun tipo de lector que propón a lei de Lem. Eu tamén, por suposto: o feito de que o meu blog teña este nome no quere dicir que me sinta fora dela.

    Atopei ao lector errante e falando con el sobre este título deume conta que non comprendín a actitude de Perucho cara á ciencia e tampouco a importancia do vampiro. Este lector fíxome ver o significado da criatura fantástica e a positiva receptividade do protagonista, por máis científico que sexa, ao que non coñecemos.

    Saúdos

    Daniel

    Gústame

  2. Ei, señor Daniel, tiene buena pinta el libro éste del Perucho. 😉
    Lo pondremos en la agenda literaria y algún día caerá.

    Gústame

  3. Daniel di:

    Ei, benvido outra vez a este blog…

    Doncs sí Jordi, recordant que et va el tema vampíric, crec que pot agradar-te. És molt entretingut i la lectura provoca més reflexions de les que es puguin suposar en un principi.

    Saúdos jordi, ata pronto
    🙂

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s