Un paseo por… Cardume

Volverán, prométoo, as fotografías sobre A praia dous afogados. Máis quero facer unha pequena parada hoxe neste título, Cardume, de Rexina Veiga Vega, que me fixo pasear por Vigo e ver a cidade desde un punto de vista moi diferente do de Leo Caldas.

Cardume descóbreme o casco antigo da cidade nunha época afastada onde a xente da cidade atópase dividida dalgún xeito por gañadores e perdedores da guerra civil. Unha situación que fai que algúns marchen para atopar un espazo mellor e outros a adaptarse a situación do momento. Entre uns e outros, o desexo e o intento de xuntanza. O libro a min gustoume moito, e sorpréndeme o recibimento tan frío que lle fixeron nalgúns blogs.

A cidade cambiou e moitos locais do centro son locais abandonados, lonxe da actividade e do “Vigo-British” bulideiro de Cardume. Imaxino que quizais o Centro Recreativo La Oliva se atopa preto do escenario que mostra a primeira fotografía. A segunda fotografía, en artificial cor sepia, quere ser unha metáfora da historia antiga de Galiza, que é da a emigración desde este porto. Os que aparecen na foto, non obstante, son turistas que fan cola para visitar as Illas Cíes.

Rúa da Oliva. 15 de agosto de 2010. Fotografía de Daniel Gonzalez Martin

“E eu podía mesmo chegar a sentir o cheiro antigo das rúas, un aire adozado e tamén agre coma o do cemiterio no mes de novembro, un cheiro a roupa vella, a humidade…Cada tarde levábanme alí, á Rúa Real, ao Príncipe, á colexiata, ao peirao do Berbés, ao Centro Recreativo de La Oliva, á Falperra…” (p. 23).

Porto de Vigo. 10 de agosto de 2010. Fotografía de Daniel Gonzalez Martin

“Fasito embarcou o 25 de abril de 1936 no transatlántico da Mala Real Inglesa. Malia formar a cola de rigor na aduana de beiramar entre centos de campesiños con maletas de cartón e traxes mal cortados, o Marqués da Escuma mantiña a súa dignidade esencial acariñando cos seus dedos longos unha pasaxe en primeira mentres deixaba esvarar levemente sobre os ombreiros un longo abrigo de pano que cubría un xastre impecable.” (p. 121).

VEGA, Rexina. Cardume. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 2007. 193 p.; 23 cm. (Narrativa; 246) Notas: Premio Xerais de Novela 2007. ISBN: 9788497826556.

 

“E eu podía mesmo chegar a sentir o cheiro antigo das rúas, un aire adozado e tamén agre coma o do cemiterio no mes de novembro, un cheiro a roupa vella, a humidade…Cada tarde levábanme alí, á Rúa Real, ao Príncipe, á colexiata, ao peirao do Berbés, ao Centro Recreativo de La Oliva, á Falperra…” (p. 23).
Advertisements
Estas entrada foi publicada en Autores/as galegos/as coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s