Un futuro espléndido para o libro electrónico?

Os lectores, aqueles que compramos libros (cousa que fai que teñamos ao menos unha parede forrada de libros), somos protagonistas na columna do escritor Quim Monzó, do pasado día 13 de xaneiro. Unha carta ao diario duns días anteriores provoca a reflexión deste escritor, que está en gran parte de acordo coa opinión do señor Marcel Albet, autor da misiva.

Monzó fálanos dos usos que do libro fan aqueles que compran o libro como obxecto ou porque toca, porque a moda di que hai que ler aquilo nese intre. Deste xeito, explica con retranca usos tan dispares dos libros como o illante térmico e sonoro, ademais do decorativo. Este comprador de libros ten tamén que non adoita ler o libro que mercou. Monzó conclúe que a imposibilidade de poder empregar o libro electrónico para usos tan afastados da súa primeira finalidade, fai que este alicerce sexa unha boa opción para os lectores verdadeiros. Os libros xa non serán a impedimenta que son, polo peso e volume que dificulta o seu transporte e a súa almacenaxe.

“O libro electrónico ten un futuro espléndido entre os lectores auténticos” Quim Monzó

É só a miña opinión e non desexo máis que engadir esta ao tema. Non vexo no libro electrónico vantaxes significativas para os lectores de verdade. O libro será máis caro: terá o mesmo prezo que en papel, e teremos que engadir os gastos de recargar a batería e o prezo do aparello (do lector, afectado previsiblemente pola obsolescencia programada de moitos aparellos). A facilidade de almacenamento, para quen é unha vantaxe? Eu non leo máis rápido polo feito de ter máis lecturas pendentes. De acordo, o libro electrónico facilitarame xuntar aqueles títulos que teña interese en ler, sen que ocupen espazo na miña biblioteca. Unha xogada a favor da compra compulsiva. Cantas veces poderei retornar a un título? É certo que non releo moito. Mais no caso do libro en papel, eu podo controlar parte do seu estrago ou boa conservación. No caso do libro electrónico, é tamén o editor quen marca cantas veces podo reler un título (cos DRM).

Chegados aquí, se cadra pasan dúas cousas. A primeira: que o futuro espléndido para o libro electrónico sexa sobre todo para os implicados no negocio e non tanto para os lectores. A segunda: que eu non sexa un lector de verdade.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Desatinos, Escéptico co libro electrónico coas etiquetas , . Ligazón permanente.

One Response to Un futuro espléndido para o libro electrónico?

  1. Pingback: BlogESfera.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s