‘Las vidas de Joseph Conrad’, de John Stape

“Ah, unha biografía?”. Este foi o comentario dunha persoa sobre este libro que tiña encima da mesa de clase. É certo, non é un xénero popular. Eu, aparte desta, só recordo ter lida algunha sobre Charles Darwin.

“Toda biografía contén inevitablemente elementos de ficción”. (p.11), di John Stape no prólogo, onde explica o rigoroso traballo que fixo. Eu considero que fixo tamén un exercicio de honestidade e de respecto con aquilo que realmente está documentado sobre Conrad. “De ser certo”, ou “se realmente sucedeu” son algunhas das expresións que utiliza Stape para subliñar a limitada veracidade dalgunhas fontes.

Esta biografía non  é unha biografía literaria, trátase máis ben dunha descrición das diferentes etapas da vida de Conrad. As referencias ás súas obras son inevitábeis e de agradecer. (Aínda que non sempre. Neste sentido parécenme moi contundentes os comentarios a The rescue e máis The gold arrow, que son libros que non hai que ler, se facemos caso do que di sobre estes títulos).

Gustoume especialmente a parte que fala do Conrad mariñeiro, e de como Stape explica en que capitáns e tripulantes compañeiros do escritor da Galiza (do este de Europa) puideron inspirar algúns dos seus personaxes. A vida do Conrad escritor profesional tamén me pareceu moi interesante. Non tiña coñecemento da popularidade de Conrad en vida e sorprendeume o mundo editorial da época. Conrad era un autor moi popular que asinaba contratos polas súas obras e non un autor que recibise un pequeno tanto por cento do que publicaba. Doulle a esta parte do libro un valor instrutivo na historia da edición.

Pero Conrad, por un motivo ou por outro, non conseguía xestionar a súa economía con moderación. A angustia polos problemas de diñeiro, o malestar físico e preocupacións familiares son a tónica na derradeira parte da biografía, que debuxa un Conrad triste e desconforme. Era esixente coa súa escritura e lamentaba non chegar a un maior número de lectores, pero tímido e nervioso ante a multitude (na súa visita aos Estados Unidos de América).

Stape descóbreme un Conrad distante nos seus últimos anos, solitario e complexo. Un final quizais irremediábel para un home que ve como o mundo que estima cambia (a maneira de navegar, a guerra…) non para mellor. Mais aínda que con final triste, a pesar do ton queixoso e infeliz, non pechei o libro con desgusto. Quédame todo aquilo escrito por Conrad para recuperar o bo gusto da súa narrativa xenial e única.

Joseph Conrad debuxado por NCMallory (http://www.flickr.com/photos/augustusswift/)

STAPE, John H. Las Vidas de Joseph Conrad. (The several lives of Joseph Conrad . 2007) Trad. de Ramon Vilà. Barcelona: Debolsillo, 2009. 543 p.; 19 cm. (Biografía; 228) ISBN 9788483460689.

Imaxe:  Smoking artists: Joseph Conrad (Polish/ English Writer) by NCMallory (http://www.flickr.com/photos/augustusswift/) [consultado: 14 decembro 2010]

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en As vidas de Joseph Conrad, Stape-John coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

One Response to ‘Las vidas de Joseph Conrad’, de John Stape

  1. Pingback: BlogESfera.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s