Estas cego?

Primeiro EP de The Fuckland’s Invasion

Are you blind?, by The Fuckland's Invasion

The Fuckland’s Invasion serán un grupo de versións de cancións clásicas de rock de onte de hoxe e de sempre. A súa meta é actuar no descanso da Superbowl ao prezo que sexa. Calidade musical, talento, compromiso ou humildade son palabras que The Fuckland’s Invasion non coñecen no seu camiño cara a fama, o sexo doado e os cartos. The Fuckland’s Invasion, empezaron a ensaiar o 22 de Agosto de 2007, despois de que o bateria, “Carboeira Man”, recibise a súa batería e empezase a tocar unha semana antes e que o baixista Sticky Fingers afinase o seu baixo recibido o mesmo verán. Hostafucker, guitarra, consegue que ninguén crea que fai máis de 10 anos que practica co seu instrumento. Tras duras negociacións, no mes de novembro The Fuckland’s Invasion incorporan á súa formación a P.J. Borderline coma cantante. De agora en diante, esta será a coñecida “Formación Clásica” de calquera grupo que se prece de selo. Actualmente, e tras a partida de PJ Borderline, a banda adaptouse ao formato Power Trio, coma Grand Funk Railroad.

The Fuckland’s Invasion ao fin teñen nas súas mans o seu primeiro EP, Are You Blind?. Logo de tres anos de ensaios leáronse a manta á cabeza e baixo a tutela técnica e espiritual de Edu, o que empezou coa idea de facer unha maqueta chusqueira acabou sendo un cd a mar de simpático que contén 4 versións, 4, de Elvis Presley, The Black Crowes, Tom Petty e Led Zeppelin. Adiantándose ás posibles reaccións, The Fuckland’s Invasion aseguran que respectan profundamente aos grupos versionados e que o fixeron o mellor que puideron.

Nun alarde de visión de negocio, o grupo decidiu que a copia en cd sexa GRATIS. Sendo esta a palabra favorita da poboación española, The Fuckland’s Invasion esperan unha boa acollida deste, o seu primeiro traballo en estudo, especialmente entre os xubilados máis agudos e ye-yes.

Os que estean interesados en ter unha copia do EP, manden un mail a tflsi@hotmail.com. Para a xente de Barcelona o grupo intentaraos entregar en man, e para os de fóra arranxarase o envío do mellor xeito.

Track List:

1.- Burning Love (Elvis Presley Cover)

2.- You Wreck Me (Tom Petty Cover)

3.- Thank You (Led Zeppelin Cover)

4.- Twice As Hard (The Black Crowes Cover)

A páxina do grupo ofrece a posibilidade de descargar as cancións.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Desatinos coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s