Personaxes lectores: O tenente Landín

Un soldado lendo

“Dicía Chamfort que a gloria é unha estraña virtude que se apoia en vicios coma o orgullo, a ambición, a envexa, a vaidade e, ás veces, tamén a avaricia. Todo sexa pola vitoria final! La Rochefoucauld, que era un cínico moi intelixente, dicía algo parecido: que a virtude non iría tan lonxe se a vaidade non lle fixese compaña” (Narcos, p. 197)

O título de Carlos G. Reigosa ten non poucas sorpresas coma esta. Non quero favorecer o tópico dos militares coma xente pouco culta, que aínda algúns considerarán certo. Mais deixoume petrificado, nun moi bo sentido da expresión, a lectura que fai este garda de Nicolas Chamfort e La Rochefoucauld, e máis a ligazón que fai deles sobre o tema. Penso que é unha ledicia coñecer os gustos dun autor a través dos seus personaxes. En Narcos hai algunha máis que por suposto vou engadir aquí (na” Lei de Lem”). Saúdos.

Reigosa, Carlos G. Narcos. Vigo: Xerais, 2001. 351 p. 22 cm (Narrativa Edicións Xerais de Galicia: 165) ISBN: 978-84-8302-629-8.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Narcos, Personaxes lectores, Reigosa-Carlos-G. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s