Un paseo por “A praia dos afogados” [26]: O Elixio

O Elixio, outra vez pechado

Fotografía 26: O Elixio, Vigo. (33 de agosto de 2010) Foto: Daniel Gonzalez Martin

“Chovía con forza de novo cando entrou no Elixio. A estufa de ferro estaba acendida e varias mesas ocupadas. Caldas pendurou o impermeable na percha e achegouse á barra baleira. Podía oír os catedráticos conversando tras el, no seu sitio de costume, e a voz grave de Carlos nalgunhas mesa ao fondo da taberna”. (p. 218)

Unha ración de empanada de zamburiñas e máis unha cunca de viño branco, do Rosal. Dende que lin Ollos de auga que tiña ben claro qué tomaría no Elixio. Mais como pasara co roteiro fotográfico do anterior título, atopei o Elixio pechado. Unha mágoa. Acostumo a visitar a cidade en vacacións e non son boas datas para poder facer algunhas cousas. A visita ao Elixio aínda se me resiste. Estou á espera de poderme achegar algún dia e ás veces penso en cousas que non sei se de verdade vin. Pareceume ver, non lembro agora onde foi, que a carón dunha das mesas desta taberna hai unha chapa co nome de Leo Caldas. Serán imaxinacións miñas?… E terán albariño do Rosal no Elixio?

No Elixio os catedráticos, siareiros de Patrulla nas ondas, dubidan cal pode ser a sintonía que Santiago Losada lle puso a Caldas no programa. O tema “Walkin’ the dog” que vos convido a escoitar non corresponde á devandita melodía (esta foi composta por Rufus Thomas e non por Gershwin), mais gustoume moito atopar esta versión dos Stones.

[mus]http://www.goear.com/listen/ca8f7f1/walking-the-dog-the-rolling-stones[/mus]

Villar, Domingo. A praia dos afogados. Vigo: Galaxia, 2009. 504 p. 21 cm. (Literaria/ Galaxia: 273) ISBN 978-84-9865-180-5.

Tartaruga máxica non só leu este segundo caso de Leo Caldas. Tamén fixo algunhas fotos da praia de Panxón.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en A praia dos afogados, Autores/as galegos/as, Títulos, Villar-Domingo coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s