Un concurso de relatos de inspiración científica

Creatividade para encarar novos retos

Inspiraciencia é un concurso de relatos de inspiración científica que pretende combinar ciencia e escritura dun modo participativo e ser un estímulo para a innovación. Poderanse publicar relatos desde o 22 de Outubro ata o 10 de Xaneiro de 2011.

O concurso presenta as modalidades de relatos curtos (entre 800 e 1.500 palabras) e microrrelatos (ata 500 palabras). Tamén, hai unha sección non competitiva de creación de textos colectivos na que se encadearán nanorelatos (de 200 carácteres) a partir dunha idea inicial ata xerar relatos de ata 500 palabras.

O concurso ten dúas categorías: público adulto (a partir de 18 anos) e público xuvenil (entre 12 e 17 anos). Para participar hai que rexistrarse, nunha das dúas categorías, e enviar como máximo un relato en cada modalidade competitiva. É dicir, cada participante pode enviar un relato curto e un microrrelato. En canto á modalidade de nanorrelatos encadeados, pódense escribir sen limitación de número e soamente fai falta estar rexistrado no concurso.

Os relatos poden estar escritos en catalán ou en castelán.

Consulta as bases do concurso e ¡inspírache!

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Desatinos coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

One Response to Un concurso de relatos de inspiración científica

  1. Pingback: A ciencia inspírache? 2a edición de Inspiraciencia | a lei de Lem

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s