Un paseo por “A praia dos afogados” [17],[18] e [19]

Foto: Daniel Gonzalez Martin

Fotografía 17: “O Refuxio do Pescador” (8 de agosto de 2010). O mariñeiro estendeu un dedo enorme en dirección á casa situada entre a lonxa e o club náutico, onde Caldas leu nun letreiro “O Refuxio do Pescador”. (p. 89)

Este dia cheguei cedo pola mañá coa esperanza de atopar a lonxa aberta e poder asistir a venta do peixe. Celebrei atopar O Refuxio do Pescador, malia atopar a lonxa pechada. Mais non puiden esperar a que o bar abrira e marchei inquedo porque non sabia se o bar estaba pechado por ser a hora que era ou se estaba pechado por vacacións.

Foto: Daniel Gonzalez Martin

Fotografía 18: “O Refuxio do Pescador” (20 de agosto de 2010) “No Refuxio do Pescador catro mariñeiros xogaban ao dominó unha das mesas de mármore, xunto á fiestra” (p. 240)

Para a miña ledicia non estaba de vacacións. Fun outro dia a pasear por Panxón moito máis tarde que o dia anterior. Puiden entrar, tomar un café, e ver como os primeiros clientes da mañá ocupaban as mesas máis interiores (que non son de mármore) para se protexer da forte e brillante luz do despuntar do dia.

Foto: Daniel Gonzalez Martin

Fotografía 19: “O Refuxio do Pescador” (20 de agosto de 2010)

E do cafeciño que fixen con Marta leveime este fantástico agasallo. Un sobre de azucre cun debuxo mariñeiro e nome dun (agora) famoso bar escenario dunha excelente novela, que esta gardado por suposto entre as páxinas do meu exemplar.

Villar, Domingo. A praia dos afogados. Vigo: Galaxia, 2009. 504 p. 21 cm. (Literaria/ Galaxia: 273) ISBN 978-84-9865-180-5.

Tartaruga máxica non só leu este segundo caso de Leo Caldas. Tamén fixo algunhas fotos da praia de Panxón.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en A praia dos afogados, Villar-Domingo coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

2 Responses to Un paseo por “A praia dos afogados” [17],[18] e [19]

  1. Que interesante é isto de coñecer mediante fotografías os ambientes nos que se desenvolve un libro. ^^ Encántame Vigo e esa atmofera que Domingo Villar tan ben recrea coas súas palabras.

    Saúdos!

    Gústame

  2. dani di:

    Vigo é unha cidade moi pero que moi interesante. E agora o escenario dunhas excelentes novelas.

    Graciñas pola visita Alma Errante,
    🙂

    Saúdos

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s