Narcos, de Carlos G. Reigosa

Esta novela comeza describindo como o protagonista, Carlos Conde, atópase nun momento de falta de inspiración escritora. O autor, nunha especie de exercicio meta-literario, dános unha pequena lección de como se debe encamiñar un escrito para que guste, para que enganche ao lector. O protagonista, no seu intento de parir o inicio da historia é interrompido por un home que lle pide atoparse con el en Vigo. Este home, Mario Cendán, pídelle que escriba sobre os narcotraficantes. Cendán entende que é o xeito de combatelos, que a lei non é efectiva contra eles e que o mellor é que se saiba quen e que son realmente.

Carlos Conde acepta o encargo e busca a axuda do seu amigo detective Nivardo Castro. Xuntos acabarán no medio do lume cruzado entre os amos do fume das Rias Baixas, das cidades de Maarmariz, Vilavedra e Ogrovas (Nomes ficticios que esconden nomes de lugares moi reais: Marín? Vilagarcía? O Grove?). Os “narcos” son uns cantos. Os máis importantes quizais son: Roque Caruncho o mozo ambicioso que aspira a destacar no negocio; Pablo Mingallos, home sinxelo que non vive de xeito ostentoso e veterano no negocio; e Don Orlando, encarcerado pero sen estar desligado do negocio, ten coñecemento de todo o que sucede.

A rivalidade contida desbórdase cando a filla de Pablo Mingallos namórase dun médico, dun alleo ao negocio, no canto de facelo dun dos Castiñeiro. Mingallos, que desconfía da reacción dos Castiñeiro e tamén ve como a idade suxírelle a retirada, móstrase favorable á elección da súa filla. Pero a mecha acéndese co asasinato de Rodrigo, o médico. Mingallos responde e empeza un tenso e paulatino enfrontamento entre os narcos mentres se planea a chegada dun alixo importante.

Da chegada da carga tamén teñen coñecemento Carlos Conde e Nivardo Castro. Estes compartirán a información co xuíz Rafael García Salas. Conde non quere deixar escapar a oportunidade de poder escribir unha boa reportaxe. O xuíz, ambicioso nos seus obxectivos, non quere actuar se non ten a certeza de poder pillar aos peixes máis gordos, de forma que o premio do prestixio pola acción sexa o maior posible. Conde xa teme que o xuíz acabe por non mover peza, ou ben facelo demasiado tarde.

A clase subliminal sobre escritura non se repite, pero si que hai ao longo da novela unha moi ben levada discusión sobre as implicacións sociais da profesión (xornalística, neste caso). Respectar o anonimato das fontes, non revelar segundo que información, conseguir que unha información sexa críbel e útil,….. É na relación co xuíz onde Conde dános a mellor lección que ofrece a historia, un auténtico xesto de xenerosidade: dar sen esperar nada a cambio, ser consecuente con aquilo que é mellor e non antepoñer intereses persoais diante doutros máis importantes. Carlos Conde, comprometido co caso que lle tocou investigar, fará o posible para que o xuíz non se quede como un paspán mirándoas pasar. Conseguirao? E se conségueo, atraparán a todos os narcotraficantes?

Reigosa, Carlos G. Narcos. Vigo: Xerais, 2001. 351 p. 22 cm (Narrativa Edicións Xerais de Galicia: 165) ISBN: 978-84-8302-629-8.

Limos esta novela no Club de lectura Virtual Compostela o pasado mes de Xaneiro

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Narcos, Reigosa-Carlos-G coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

One Response to Narcos, de Carlos G. Reigosa

  1. Pingback: ‘A lei das ánimas’, de Carlos G. Reigosa | a lei de Lem

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s