Un paseo por “A praia dos afogados” [6],[7] e [8]

Fotografía 6: Estaleiro Barreras. 13 de agosto de 2010. (Foto de Daniel Gonzalez Martin)

“O coche dos policías deixou atrás o porto pesqueiro e circulou fronte aos estaleiros, onde o resplandor dos soldadores comezaba a alumar as entrañas dos buques en construción” (p. 75)

Fotografía 7: Porto de Panxón a primeira hora da mañá. 10 de agosto de 2010. (Foto de Daniel Gonzalez Martin)

“A meirande parte das barcas eran gamelas e outras barcas de pesca pequenas, aínda que tamén se adiviñaba un mastro na escuridade” (p. 78)

Fotografía 8: O Porto de Panxón xa de día. 10 de agosto de 2010. (Foto de Daniel Gonzalez Martin)

“En Panxón non había embarcadoiros. Os barcos amarrábanse a mortos, boias que flotaban suxeitas por cadeas a bloques de formigón afundido” (p. 77)

Vou dicir coa boca pequena que esta parte da cidade, os estaleiros, gústame moito. E tamén me gusta ver no xornal que os estaleiros reciben encargos, se botan algún barco xa construído e as imaxes destas máquinas xigantes. Dígoo deste xeito porque entendo que para os vigueses (e viguesas) os estaleiros son un impacto ambiental e visual notable. Mais de verdade penso que son un recurso de riqueza e traballo para a xente. Eu desexo que perduren moito tempo alí. Na imaxe, os soldadores do Estaleiro Barreras traballan xa na parte externa do buque.

Panxón é unha vila pequena e tranquila. Se cadra por isto mesmo é un escenario chulo para a novela. Tiven que buscar mastro na Galipedia para saber que non correspondía ao nome doutro tipo de embarcación, que só se trata dunha parte daquela. Eu coñecín Panxón graciñas a A praia dos afogados.

Villar, Domingo. A praia dos afogados. Vigo: Galaxia, 2009. 504 p. 21 cm. (Literaria/ Galaxia: 273) ISBN 978-84-9865-180-5.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en A praia dos afogados, Villar-Domingo coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s