Personaxes lectores: un que leu Lord Jim

Hoxe, a estrea dunha sección de anécdotas que teño ganas de engadir neste blog. Trátase de personaxes que confesan ter lido algún título ou autor. Quero comezar cun autor que ten o honor de ter sido considerado o herdeiro de Joseph Conrad. A novela que lin recolle na súa contracuberta a opinión de John Updike, onde o compara con nada máis e nada menos que con Tolstoi. Non podo nin desexo corroborar estas comparacións, mais si podo dicir que me gustou moito.

“Porque Eden decidiu que Asia era o continente a onde desexaba viaxar; conmoveulle moito a lectura de Lord Jim. O seu desexo máis profundo era que se abolise a raza negra; o seu soño intermedio era o dunha terra remota onde el, único negro entre un pobo estraño e fermoso, gobernaba coma unha especie de rei sexual. Lord Jim, Lord Eden. Pobre Eden” (p. 199)

Naipaul, V. S. Los Simuladores (The Mimic Men. 1967) Tradución de Jordi Beltrán Ferrer. Barcelona : Debolsillo, 2009. 329 p. 19 cm. (Contemporánea Debolsillo) ISBN: 978-84-8346-984-2.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Personaxes lectores coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s